Á deriva
| Á deriva | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Recadación
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Á deriva (en inglés: Adrift) é un filme de 2018 dirixido por Baltasar Kormákur e escrito por David Branson Smith, Aaron Kandell e Jordan Kandell. O filme baséase no libro de 2002 Red Sky in Mourning de Tami Oldham Ashcraft, unha historia real ambientada durante o Furacán Raymond en 1983. Está protagonizado por Shailene Woodley e Sam Claflin como unha parella que está á deriva no medio do océano Pacífico despois dun furacán, e debe atopar o camiño cara a Hawai cun barco danado e sen radio. Á deriva estreouse nos Estados Unidos o 1 de xuño de 2018 a través de STXfilms e recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou as interpretacións e a fotografía mais criticou a narrativa familiar.[1][2]
Estreouse en galego o 26 de xullo de 2023 a través da TVG.[3][4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Shailene Woodley como Tami Oldham
- Sam Claflin como Richard Sharp
- Jeffrey Thomas como Peter Crompton
- Elizabeth Hawthorne como Christine Crompton
- Grace Palmer como Deb
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Giles, Jeff (31 de maio de 2018). "Adrift Gets There Eventually". Rotten Tomatoes. Fandango Media. Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ Croot, James (1 de xuño de 2018). "Adrift: Mixed early reviews for Shailene Woodley's partly NZ-shot drama". Stuff.co.nz. Stuff Limited. Consultado o 5 de xuño de 2018.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Á deriva en galego na TVG". Consultado o 27 de xullo de 2023.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.