Á de mosca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Á de mosca
Autor/aAníbal Malvar
CubertaX. M. Albán
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNegra
Xénero(s)novela negra
EditorialXerais
Data de pub.1998
Formatorústica con lapelas
Páxinas248
ISBNISBN 84-8302-210-9
editar datos en Wikidata ]

Á de mosca é unha novela do ano 1998 escrita por Aníbal Malvar.

Trama[editar | editar a fonte]

Carlos Ovelar, un fotógrafo freelance galego residente en Madrid. Antigo traballador dos servizos estatais de intelixencia, é chamado polo marido da súa ex muller para que atope á filla, desaparecida recentemente. Malia que só estivera unha vez coa rapaza, e que as relacións coa súa ex muller son inexistentes, decide ir.

Coa axuda do Gualtrapa, outro ex membro dos servizos de intelixencia, ao igual que o pai de Carlos, descubrirá que Ania, a desaparecida, está en relación cos fillos dun dos capos do tráfico de cocaína, residente na Illa de Arousa, e que a súa desaparición está relacionada co roubo de trinta quilos de droga.

Narración[editar | editar a fonte]

Está ambientada a medio camiño entre Santiago de Compostela e o Salnés. Está narrado en primeira persoa polo protagonista.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao castelán por Susana Veiga co título de Ala de mosca publicado en 2009 pola Editorial InÉditor[1].
  • Ao francés por Helène Serrano co título de Comme un blues publicado en 2017 por Asphalte éditions, col. Fictions[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha Arquivado 27 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  2. Ficha Arquivado 27 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]