Àngels Margarit
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (64/65 anos) Terrasa, España |
Actividade | |
Ocupación | coreógrafa, intérprete, bailarina, creadora |
Premios | |
Àngels Margarit i Viñals, nada en Terrasa, Vallès Occidental, en 1960, é unha bailarina, coreógrafa e pedagoga catalá de danza contemporánea. Desde hai 30 anos, Àngels Margarit dedícase á interpretación, á coreografía e á pedagoxía. En decembro de 2016 foi nomeada directora do Mercat de les Flors.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Àngels Margarit, pertence á primeira xeración de bailaríns contemporáneos xurdida a finais dos anos 70 do Institut del Teatre de Barcelona. Continuou os seus estudos en diferentes lugares de Europa e Nova York.
Carreira artística
[editar | editar a fonte]De 1979 a 1984 formou parte do colectivo Heura, un dos grupos de danza pioneiros e punteiros de Cataluña, con proxección máis aló das súas fronteiras e que obtivo prestixiosos premios internacionais. Comezou como coreógrafa en Heura e cabe destacar, en particular, Temps al Biaix (1981), o primeiro espectáculo de danza de Cataluña concibido como unha única peza. Despois de cinco anos con este grupo, decide comezar o seu propio traballo e crea Mudances (1985), unha peza para cinco bailarinas que daría nome á compañía, Mudances. Paralelamente, asociouse con outros coreógrafos para abrir Bugé Centro de actividades de danza (1984), espazo que foi centro de formación de moitos dos profesionais actuais.
A compañía dedícase á creación contemporánea en diferentes formatos escénicos e as áreas de interese son, por unha banda, a danza e o espazo e, por outra, a investigación sobre a linguaxe da danza. Dende os seus inicios, o seu traballo inclúe a investigación e a interrelación con outras disciplinas artísticas como a música, a fotografía ou o vídeo. Xa cos primeiros espectáculos entrou no panorama internacional, onde presenta habitualmente o seu traballo. Os vinte espectáculos que creou foron coproducidos e presentados en festivais e programas de Europa, os Estados Unidos, América do Sur, o Canadá, Australia e o Xapón.
En 1993 foi galardoada co Premio Ciutat de Barcelona na categoría de Artes Escénicas, en 1996 co Premio Nacional de Danza outorgado pola Generalitat de Catalunya.
Como docente impartiu cursos, obradoiros e repertorio en España, Francia, Alemaña, Finlandia, Canadá, Colombia e Venezuela, e dirixiu o Conservatorio de Danza (CSD) do Institut del Teatre de Barcelona no ano 2006/07.
Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios como o Grand Prix du Concours Choregraphique de Bagnolet en 1988 por Kolbebasar, o Premio Nacional de Danza de Cataluña, en dúas ocasións, en 1986 por Mudances e en 1991 por Atzavara.Premio Ciutat de Barcelona das Artes Escénicas en 1993 por Corol·la, e en 2010 gañou o Premio Nacional de Danza, entre outros. Convidada polo Concello de Terrassa, concibe Tensdansa, o festival internacional de danza de Terrassa, e é a súa directora artística dende 2003 ata 2007.
Obra
[editar | editar a fonte]A carreira que a bailarina e coreógrafa iniciou nos anos oitenta é unha viaxe fascinante que parte do rigor e a estrutura das primeiras pezas, para desenvolverse sucesivamente en atmosferas e sensualidades, e viaxa dende a arquitectura vigorosa do movemento e o rigor minimalista cara á espazo da sensualidade do Mediterráneo. Margarit estivo á vangarda das vangardas europeas dende o primeiro momento e, coas súas propostas de referencia, leva máis de vinte e cinco anos enriquecendo estas vangardas. Para Margarit, a danza esperta o espazo, é a arte que nos permite mirar, habitar, experimentar o espazo. E a danza tamén é memoria corporal e pensamento físico, inmediato e necesario coma un grolo de auga cando se ten sede... infinito, porque cada corpo é único e diferente.
Coreografías
[editar | editar a fonte]
|