Saltar ao contido

Condado de Treviño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-desenrolou +desenvolveu, -desenrolo +desenvolvemento, -Desenrolo +Desenvolvemento)
Sen resumo de edición
Liña 93: Liña 93:
* [[Zurbitu]]
* [[Zurbitu]]


==Enlaces externos==

*[http://www.trevino-online.com Trevino-Online] Foro, noticias y fotos de los pueblos del Condado de Treviño.
*[http://www.batugunea.org/ Trebiñu Batu] Iniciativa popular para la integración administrativa del Enclave de Trebiño en Alava::Trebiñu Araban integratzearen aldeko ekimena
*[http://zortzigarrena.blogspot.com Zortzigarrena] blog Trebiñu Araba da





Revisión como estaba o 18 de outubro de 2007 ás 15:53

Situación de Treviño (España)
Mapa de Álava, con os seus concellos, no que se observa o baleiro que corresponde ao Condado de Treviño

O Condado de Treviño é un enclave burgalés situado dentro da provincia vasca de Álava, no Norte de España. Pertence á provincia de Burgos e, polo tanto, á Comunidade Autónoma de Castela e León.

Xeografía

  • Altitude: 647 metros.
  • Latitude: 42º 42' N
  • Lonxitude: 002º 42' O

O Condado está formado por dous muncipios, o propio Treviño, con nome oficial como Condado de Treviño, cunha área de 209 Km2 e poboado por 1.333 habitantes, e máis La Puebla de Arganzón, cunha área de 19 Km2 e 456 habitantes.

En total o Condado abranxe 228 Km2 e ten unha poboación de 1.789 habitantes.

Historia

Na pedanía de Laño aínda se poden ver as covas artificiais que foran habitadas por ermitáns hai uns mil quiñentos anos. O conxunto de Las Gobas conserva gravuras de figuras de animais e inscripcións.

A fundación oficial de Treviño tivo lugar en 1161 polo rei de Navarra Sancho VI o Sabio, mais en 1200 pasa a poder de Castela logo da vitoria obtida polo rei castelán Afonso VIII, durante a guerra sostida contra o monarca navarro, pasando a ser, desde ese momento, o Condado de Treviño unha parte máis de Castela ata hoxe.

Ao ficar nunha encrucillada de vías durante la Idade Media, desenvolveuse aquí unha próspera alxama xudea. Sáseta foi unha das aldeas que antes se desenvolveu, ao estar na entrada no Condado do "Camiño do Viño e o Peixe" (Camiño Real que comunicaba os vales do Ebro con a costa cantábrica).

O 8 de abril de 1366, Enrique II de Trastámara concedeu a Pedro Manrique, como pago polos servizos por el emprestados, a vila de Treviño de Uda, con todas as súas aldeas e termos, polo que a comarca pasa de ser zona de reguengo a zona de señorío. Un bisneto de Pedro, Diego Gómez Manrique, recibíu do rei Juan II de Castela, en 1453, o título de Conde de Treviño. Un fillo deste, Pedro Manrique de Lara, recibíu dos Reis Católicos o título de Duque de Nájera (título que hoxe día ostentan aínda).

No século XVI, os Condes de Treviño, que eran xa, desde 1593, Duques de Nájera, construíron o seu pazo, na actualidade Casa do Concello da Vila.

Autovía do Norte (Nacional I) ao paso por Treviño

Política

As eleizóns de 2003 deron, no concello de Condado de Treviño, cinco concelleiros á "Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño" e catro ao Partido Popular. A "Agrupación Electoral Independiente", favorábel a que o condado pase a depender administrativamente de Álava, fíxose con o goberno municipal. No municipio de La Puebla de Arganzón, a "Agrupación Electoral Independiente de La Puebla de Arganzón" obtivo catro concelleiros por tres o Partido Popular.

Reivindicación territorial

Desde hai ben anos, as forzas políticas presentes en Álava reclaman e consideran este territorio como parte de Álava. Celebrouse unha consulta e a maior parte da poboación, residente en Treviño, mostrouse a favor de solicitar un referendo ao respeito. A Deputación de Burgos e a Xunta de Castela e León, pola súa parte, opoñense a que o Condado deixe de formar parte de Burgos.

O Estatuto de Autonomía de Castela e León esixe, para que Treviño se incorpore a Álava, un informe favorábel da provincia de Burgos e da Comunidade Autónoma de Castela e León, así como a aprobación polas Cortes Xerais mediante Lei Orgánica. O goberno e o parlamento vascos plantearon un recurso de inconstitucionalidade nos años 80 contra dito Estatuto, que foi desestimado polo Tribunal Constitucional.

Mentres tanto o nacionalismo castellano reivindica a pertenenza de Treviño á Burgos e a Castela e León, avogando por continuar con a situación actual.

Dase a curiosa situación que desde hai varios lustros proliferaron no Condado multitude de urbanizacións de adosados dada a cercanía da cidade de Vitoria, sendo a gran maioría dos residentes vitorianos que cambiaron o seu andar na capital da Comunidade Autónoma Vasca por un adosado no Condado burgalés.

Pedanías

Localidades do Condado que non son pedanías

Enlaces externos

  • Trevino-Online Foro, noticias y fotos de los pueblos del Condado de Treviño.
  • Trebiñu Batu Iniciativa popular para la integración administrativa del Enclave de Trebiño en Alava::Trebiñu Araban integratzearen aldeko ekimena
  • Zortzigarrena blog Trebiñu Araba da