Parodia de relixión: Diferenzas entre revisións
A primeira edicíón deste artigo é unha adaptación de '''Religiò paròdica''', da Wikipedia en catalán. |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2011 ás 22:00
Unha parodia de relixión, ou relixíón paródica é unha parodia dunha relixión, seita, ou calquera outro tipo de culto ou ben dalgún dos seus aspectos. Tamén pode ser unha ficción que adopta as formas das relixións tradicionais, e á cal uns supostos fieis declaran adherirse. Hai exemplos como os da película La vida de Brian dos Monty Python, pero como crítica no segundo sentido exposto, o exemplo actual máis coñecido é o do pastafarismo.
Unha parodia de relixión pode selo para moitas relixións, sectas, gurús ou cultos á vez. A apariación de internet facilitou moito a difusión das parodias de relixión, que en moi poucos casos chegan a teren unha expresión presencial na forma de cerimonias relixiosas, pero que en cambio teñen unha grande actividade virtual.
A intención da creación de parodias de relixión pode ser sinxelamente humorística, pero frecuentemente aparecen como crítica a certos aspectos das relixións establecidas ou ben como a consecuencia doutros problemas sociais. Así, o pastafarisme xorde coa intención de poñer de manifesto as contradicións do autodenominado creacionismo científico.
Exemplos
- Relixión Jedi
- Pastafarismo
- Unicornio rosa invisíbel
- Igrexa dos SubGenis
- Igrexa Callinquista
- Sacuyismo, nomeada polos seus seguidors a relixión nai de todas as relixións.
- Igrexa maradoniana, creada polos fans do futbolista Diego Armando Maradona.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- (en inglés) http://www.angelfire.com/rant/saibyebye/ Parodia da New Age, Sathya Sai Baba e outros gurús
- (en inglés) http://www.landoverbaptist.org Parodia do cristianismo
- (en inglés) http://www.bettybowers.com/ Parodia do cristianismo
- (en castelán) http://www.iglesiamaradoniana.com/ Igrexa maradoniana
- (en inglés) http://www.stallman.org/saint.html Reacción de Richard Stallman ante os que o acusaban de extremismo
- (en catalán) http://esglesiacallinquista.blogspot.com/Església Cal·linquista
- (en catalán) http://esglesiapastafari.blogspot.com/ Església Pastafari de Xàtiva