Parodia de relixión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha parodia de relixión ou relixión paródica é unha parodia dunha relixión, seita, ou calquera outro tipo de culto ou ben dalgún dos seus aspectos. Tamén pode ser unha ficción que adopta as formas das relixións tradicionais, e á cal uns supostos fieis declaran adherirse. Hai exemplos como os da película Life Of Brian dos Monty Python, pero como crítica no segundo sentido exposto, o exemplo actual máis coñecido é o do pastafarismo.

Características[editar | editar a fonte]

Unha parodia de relixión pode selo para moitas relixións, seitas, gurús ou cultos á vez. A aparición de Internet facilitou moito a difusión das parodias de relixión, que en moi poucos casos chegan a teren unha expresión presencial na forma de cerimonias relixiosas, pero que en cambio teñen unha grande actividade virtual.

A intención da creación de parodias de relixión pode ser sinxelamente humorística, pero frecuentemente aparecen como crítica a certos aspectos das relixións establecidas ou ben como a consecuencia doutros problemas sociais. Así, o pastafarismo xorde coa intención de poñer de manifesto as contradicións do autodenominado creacionismo científico.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]