Star Trek: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 109: Liña 109:
* http://www.trekology.com (inglés) - Como ''Star Trek'' e outras aventuras espaciais de ficción científica persuaden ó público
* http://www.trekology.com (inglés) - Como ''Star Trek'' e outras aventuras espaciais de ficción científica persuaden ó público
* http://startrek.wikia.com/wiki/Main_Page (inglés) - Star Trek non canónico
* http://startrek.wikia.com/wiki/Main_Page (inglés) - Star Trek non canónico
* [http://www.cardassiaprimera.com.ar CardassiaPrimera] (castelán) [[Wiki]] Todo Star Trek.



[[Categoría:Star Trek]]
[[Categoría:Star Trek]]

Revisión como estaba o 25 de decembro de 2010 ás 16:17

O termo Star Trek refírese de forma conxunta a seis series de televisión de ficción científica (726 episodios en total), dez películas, centos de novelas, videoxogos e outras obras de ficción, todas enmarcadas no mesmo universo ficticio que fora creado por Gene Roddenberry nos anos 60. Mostra unha visión optimista do futuro no que a humanidade ten superado a fame, a enfermidade, o racismo e a miseria. Os personaxes principais exploran a galaxia na procura de novos mundos e novas civilizacións.

Vulcan Alberta Enterprise

Series de Televisión

Star Trek naceu como unha serie de televisión en 1966. Hai cinco series de Star Trek de personaxes reais e unha serie de animación, que comprenden (ata Maio do 2005) un total de 725 episodios emitidos (sen incluír o capítulo piloto orixinal, que non saíu ao aire) e trinta xeiras televisivas.

Star Trek (1966-1969)

Ficheiro:Star Trek TOS Setpiece.jpg
Recreación da ponte de mando da nave Enterprise da serie orixinal

A primeira emisión de Star Trek foi na NBC o 8 de setembro de 1966 (na Galiza a TVG chegou a emitir alguns episodios da serie orixinal). Creada por Gene Roddenberry, protagonizada por William Shatner, Leonard Nimoy e DeForest Kelley, e coprotagonizada por James Doohan, George Takei, Nichelle Nichols e Walter Koenig conta a historia dos tripulantes da nave espacial Enterprise da Federación Unida de Planetas e as súas aventuras para chegar "onde ninguén chegou antes".

O primeiro episodio emitido, "A Trampa Humana," foi realmente o quinto producido. Orixinalmente, Roddenberry creou un episodio piloto titulado The Cage cun reparto moi diferente, liderado polo veterano actor Jeffrey Hunter, que foi rexeitado polas tres maiores redes de televisión do momento. Aínda así, á NBC gustoulle o episodio o suficiente para encargar un segundo episodio piloto, "Onde Ninguén Chegou Antes", que presentaba un reparto totalmente novo liderado por Shatner. Só a personaxe de Spock quedou igual, debido á insistencia de Roddenberry. "Onde Ninguén Chegou Antes" foi o terceiro episodio emitido, mentres que The Cage foi aproveitado para un episodio de dúas partes, The Menagerie. A NBC tiña intención de cancelar a serie ao remate da segunda tempada pero os seus seguidores organizaron unha campaña de envío de cartas á emisora e a NBC decidiu encargar unha terceira tempada, pero a serie non acadou a audiencia que a emisora esperaba, malia iso xerou un fondo interese en determinados segmentos demográficos[1]

Uhura (Nichelle Nichols), oficial de comunicacións en Star Trek TOS

O último episodio emitíuse o 3 de xuño de 1969. Despois a serie converteuse no paradigma da serie de televisión de culto, un fenómeno de masas nas súas reposicións, primeiro nas televisións locais dos Estados Unidos, ata chegar á eclosión das secuelas cinematográficas e televisivas que lle sucederon. Nos últimos anos pasou a ser coñecida como Star Trek: The Original Series (Star Trek: A Serie Orixinal), abreviada como ST:TOS ou TOS, para distinguila das súas secuelas.

Star Trek (1973-1974)

Intérpretes de Star TOS xunto Gene Roddenberry, creador da serie

Esta serie foi emitida baixo o título Star Trek, pero fíxose coñecida como Star Trek: The Animated Series (Star Trek: A Serie Animada) ou abreviada como ST:TAS ou TAS. Foi producida por Filmation e durou dúas temporadas cun total de vintedóus episodios de media hora. Nela aparecía a maior parte do reparto orixinal interpretando as voces dos seus personaxes. Aínda que as posibilidades da animación permitían amplas paisaxes alieníxenas e exóticas formas de vida, as limitacións orzamentarias foron a principal preocupación e a calidade da animación foi deficiente. Algúns episodios son particularmente notables debido ás contribucións de autores de ficción científica ben coñecidos. A serie non se considera canon, o que é motivo de controversia entre algúns dos seareiros. Non obstante, co episodio "Yesteryear" faise unha excepción parcial, en relación aos acontecementos que bosquexa sobre a mocidade de Spock. Ademais, outros elementos da serie de animación se fixeron un oco no canon, como o segundo nome de Kirk, "Tiberius", que primeiro foi revelado no TAS e fíxose oficial en Star Trek VI: The Undiscovered Country. Star Trek: Enterprise tamén incorporou varios conceptos do TAS no canon.


Star Trek: Phase II (1978; non producida)

Star Trek: Phase II tíñase pensado emitir en 1978 como o buque insignia da prevista rede de televisión da Paramount, e escribíronse os guións de 12 episodios antes de que comezase a produción. Esta serie poñería de novo á maior parte da tripulación orixinal a bordo da Enterprise para unha segunda misión de cinco anos, agás a Spock xa que Leonard Nimoy non accedeu a volver; como substituto pensouse nun Vulcaniano puro chamado Xon, aínda que se esperaba que Nimoy aparecese como invitado especial. Construíronse os decorados e graváronse varios minutos de ensaios. Porén, en parte debido ao exito da recentemente estreada Star Wars, a Paramount decidiu facer unha película no canto dunha serie semanal de televisión. O primeiro guión constituiu a base de Star Trek: The Motion Picture, mentres que outros dous foron, co tempo, adaptados como episodios de Star Trek: A nova xeración.

Star Trek: A nova xeración (The Next Generation) (1987-1994)

Star Trek: A nova xeración (as súas catro primeiras xeiras foron emitidas en Galicia pola Televisión de Galicia, tamén coñecida, coloquialmente, como The Next Generation, ST:TNG or TNG) sitúase temporalmente preto dun século despois da serie orixinal cunha nova nave espacial (tamén chamada Enterprise) e tamén unha nova tripulación. Emitíuse por primeira vez o 28 de setembro de 1987 un episodio piloto de duas horas de duración "Encounter at Farpoint" e durou sete tempadas, rematando co episodio final en duas partes titulado "All Good Things..." o 29 de maio de 1994. A serie obtivo unha considerable audiencia na súa primeira emisión.

Star Trek: A nova xeración foi a máis valorada de tódalas seriea de Star Trek, e foi a serie sindicada número un durante os últimos anos de emisión orixinal. Moitos seareiros, tanto ocasionais como incondicionais a miúdo consideran A nova xeración coma a Idade de ouro de Star Trek, sobre todo debido á súa ampla base de aceptación e de espectadores.

Star Trek: Deep Space Nine (1993-1999)

Star Trek: Deep Space Nine (ST:DS9 or DS9) contou con sete temporadas e foi a primeira serie de Star Trek creada sen ningun apoio directo de Gene Roddenberry. Ten como protagonista a Avery Brooks interpretando o Comandante (e logo Capitán) Benjamin Sisko, e conta os feitos que acontecen na estación espacial Deep Space 9.

No primeiro episodio, o equipo descobre a presenza dun burato de verme máis ou menos estable, que permite viaxar de inmediato ao cuadrante Gamma da galaxia. Esto fai da estación un lugar estratéxico, así como un centro vital para comerciar coa zona do espazo sen explorar. Deep Space Nine abandona algúns dos temas utópicos das anteriores versións de Star Trek, centrándose máis en temas como a guerra, a relixión, compromisos políticos e otros temas actuais. Aínda que as súas audiencias nunca foron tan altas como as de A Nova Xeración, DS9 segue a ser o spin-off de Star Trek máis aclamado pola crítica.

Star Trek: Voyager (1995-2001)

Star Trek: Voyager (tamén coñecida como ST:VOY, ST:VGR ou VOY) estivo en antena durante sete temporadas, e é a única serie de Star Trek que tivo unha capitana como protagonista. A serie conta as aventuras do USS Voyager e a súa tripulación, formada por guerrilleiros (Maquis), que foi transportada o cuadrante Delta e, a menos que podan atopar un atallo, levaralles setenta e cinco anos voltar ó espazo coñecido. Aínda que os índices de audiencia de Voyager' foron inicialmente bos, caeron de forma drástica posteriormente. Foi durante a emisión de esta serie cando as críticas ó produtor Rick Berman comenzaron a gañar forza, coincidindo co aumento de popularidade dos foros de debate en internet nos que grupos de afeccionados chegaron a conclusión de que Berman xa non era ben recibido como responsable da franquicia. Baixo a ameaza de cancelación, engadiuse o personaxe de Seven of Nine e a serie continuou durante varias temporadas máis.

Star Trek: Enterprise (2001-2005)

Star Trek: Enterprise (chamada simplemente Enterprise durante as duas primeiras temporadas e os primeiros episodios da terceira, e abreviada como ST:ENT ou ENT) é a precuela das outras series de Star Trek. O episodio piloto, "Broken Bow", ocorre dez anos antes da fundación da Federación, aproximadamente a medio camiño entre os acontecementos de Star Trek: First Contact e a serie Star Trek orixinal. Esta serie describe a exploración do espazo pola tripulación da nave de clase NX "Enterprise", que é capaz de viaxar máis rápido e lonxe que calquera feita antes polo home. Amosa situacións que non son totalmente descoñecidas para os fans de Star Trek, but which allow its characters to face them unencumbered by the experience and rules which have built up over the following years of Trek history. Os índices de audiencia de Enterprise nunca foron especialmente bos, e aínda que o apoio dos fans - como na serie orixinal - conseguiu mantela en antena durante a segunda e terceira temporada, a Paramount anunciou a sua cancelación na cuarta temporada.

Películas

No. Título Ano Tripulación Director
I The Motion Picture 1979 Serie orixinal Robert Wise
II The Wrath of Khan 1982 Serie orixinal Nicholas Meyer
III The Search for Spock 1984 Serie orixinal Leonard Nimoy
IV The Voyage Home 1986 Serie orixinal Leonard Nimoy
V The Final Frontier 1989 Serie orixinal William Shatner
VI The Undiscovered Country 1991 Serie orixinal Nicholas Meyer
VII Generations 1994 Serie orixinal e a nova xeración David Carson
VIII First Contact 1996 A nova xeración Jonathan Frakes
IX Insurrection 1998 A nova xeración Jonathan Frakes
X Nemesis 2002 A nova xeración Stuart Baird
XI Star Trek 2009 Serie orixinal (novos actores) J. J. Abrams

Notas

  1. Sara Gwenllian-Jones, Roberta E. Pearson "Cult television", p. XIV

Referencias

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA