Orlando, Florida: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Nova páxina: "A cidade de '''Orlando''' é a sede do Condado de Orange (Florida) e é cidade central da zona metropolitana do mesmo nome, así como tamén cabeceira da rexión coñecida como […"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2009 ás 23:17

A cidade de Orlando é a sede do Condado de Orange (Florida) e é cidade central da zona metropolitana do mesmo nome, así como tamén cabeceira da rexión coñecida como Florida Central, no estado de Florida, no sueste dos Estados Unidos. Segundo o censo estadounidense do ano 2000, a cidade tiña unha poboación de 185.951 (a poboación no área metropolitana é de 1.644.561). Un conteo local da poboación en 2003 deu o resultado de 199.336. É a sexta cidade máis grande de Florida e a cidade non costeira máis grande. É ademais a cabeceira da terceira área metropolitana máis grande do estado, detrás de Miami-Fort Lauderdale e Tampa, Florida-San Petersburgo.

A cidade é moi coñecida polas súas atraccións turísticas, particularmente polo Walt Disney World Resort. Outras atraccións son SeaWorld e o Universal Orlando Resort. O centro da cidade de Orlando, máis coñecido coma Downtown Orlando, foi obxecto de continua reestruturación, a pesares de estar alonxada das principais atraccións turísticas. É sede de Orlando Sentinel, un dos periódicos máis grandes do estado, e dos Orlando Magic, equipo profesional de baloncesto da NBA.

O seu actual alcalde é Buddy Dyer.

Historia

Algúns historiadores datan o nome de Orlando sobre o ano 1836, cando un soldado chamado Orlando Reeves faleceu no área, durante a guerra contra a tribu de indios Seminola. Sen embargo, parece ser que Orlando Reeves traballaba nunha prantación preto de 48 km ao norte e os primeiros poboadores atoparon o seu nome talado nunha árbore e asumiron que era a ubicación da súa tumba. Referíanse polo tanto á área coma a "Tumba de Orlando" e logo simplemente "Orlando".

Durante moito tempo Orlando foi unha zona rural cuxa principal actividade económica era a gandería. Durante o último cuarto do século XIX, convertiuse en parte importante da produción de cítricos no estado de Florida, ata que en 1895 unha onda de frío devastou moitas prantacións, o que fixo que moitos se trasladasen ao sur.

Durante a Guerra Hispano-Estadounidense, Orlando convertiuse na provincia non costeira máis grande de Florida.

Nos anos da Segunda Guerra Mundial, un número do persoal do exército instalouse na zona que actualmente ocupa o Aeroporto Internacional de Orlando. Algúns de estes oficiais quedáronse e fixaron a súa residencia na zona. En 1956, a compañía aeroespacial e de defensa Martin Marietta (agora Lockheed Martin) estableceu unha pranta en Orlando.

O evento máis importante na economía de Orlando ocurriu en 1965 cando Walt Disney anunciou os seus plans para a construción de Walt Disney World. O famoso parque temático abriu en outubro de 1971, o que propiciou un crecemento económico e demográfico na zona metropolitana de Orlando, a cal expándese polos condados de Orange, Seminole, Osceola e Lake. Como consecuencia disto, o turismo convertiuse no eixo central da economía de Orlando.

En 2004, os furacáns Charley, Frances e Jeanne golpearon a cidade, causando múltiples danos e inundacións, perxudicando o turismo no área.

Clima

Lago Eola, localizado no "downtown" da cidade.

Orlando ten un clima subtropical, sendo moi raro atoparnos con temperaturas por debaixo do punto de conxelación. Case nunca neva. A súa temperatura récord máis alta é 38 °C (100 °F), alcanzada por última vez o 3 de xullo de 1998. A súa temperatura mínima récord é -7 °C (19 °F), alcanzada por última vez o 20 de xaneiro de 1985. A última nevada rexistrada foi o 23 de decembro de 1989.

O promedio anual de choiva é 1.198,1 mm. A tempada chuviosa é de xuño a setembro con frecuentes treboadas. A estación seca é entre decembro e maio, o cal da pé a ocasionais incendios forestais.

Autopistas

A súa estrada principal é a interestatal 4, que cruza a Florida's Turnpike, a cal é outra autopista importante; ambas comezan no sur de Florida.

A East West Expressway (SR 408) está a ser mellorada dende o ano 2005 coa construción de carriles adicionais, muros de formigón e mellorando o seu deseño.

Economía

Como é de imaxinar, unha grande parte da economía de Orlando débese á industria turística. O turismo nos alrededores de Orlando está valorado en millóns de dólares. O turismo doméstico e internacional durante o ano 2004 foi de 48 millóns de visitantes. A industria das convencións tamén ten un papel importante debido á proximidade das atraccións. O Centro de Convencións do Condado de Orange é un dos complexos máis grandes nos Estados Unidos. O Aeroporto Internacional de Orlando é un dos máis activos do mundo.

Aparte do turismo, tamén existen outras industrias, cunha grande presencia de fábricas de manufactura. Lockheed Martin ten unha gran instalación para aeronáutica e investigacións de alta tecnoloxía, debido á cercanía de Orlando co Centro Espacial Kennedy da NASA. O área tamén alberga moitas firmas de software e hardware que están localizadas aquí dende os anos 70 e 80, como IBM. Outro área que tamén está medrando rápidamente é a industria do cine, impulsada pola presenza dos Estudios Universal e os Estudios Disney-MGM. Numerosos complexos de oficinas para grandes corporacións desenvolvéronse ao longo do corredor da autopista interestatal, ao norte de Orlando.

Algunhas compañías que teñen a súa sede central ou presenza significativa no área son:

  • AirTran
  • Albertsons
  • B.IB. Consultants, Inc.
  • EA Games
  • IBM
  • Lockheed-Martin
  • Loews Hotels
  • Marriott International
  • Oracle Corporation
  • Supermercados Publix
  • Siemens AG, Siemens Westinghouse
  • Sprint Corporation
  • Banco SunTrust Bank
  • Tupperware Corporation
  • Estudios Universal
  • Walt Disney World
  • Westgate lakes resort.
  • World Wrestling Entertainment (WWE)

Universidades

Entre outras institucións de instrucción avanzada, a zona metropolitana de Orlando é o fogar da Universidade Central de Florida, a sexta universidade máis grande dos Estados Unidos.

Cidades irmanadas

Sena y Marne, Anaheim e Urayasu están conectadas con Orlando coma sede de Parques temáticos de Disney (Disneyland Resort Paris, Disneyland Resort e Tokyo Disneyland, respetivamente).

Enlaces externos