Zermatt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°1′0″N 7°45′0″E / 46.01667°N 7.75000°E / 46.01667; 7.75000

Vista de Zermatt

Zermatt é un concello suízo do distrito de Visp, no cantón de Valais. A súa poboación é de 5.746 habitantes (2011).

Trátase dunha das estacións de esquí máis coñecidas e exclusivas de Suíza xunto con Sankt Moritz, Klosters-Serneus e Gstaad.

Localidades[editar | editar a fonte]

  • Blatten
  • Findeln
  • Gornergrat
  • Ried
  • Schwarzsee
  • Z'mutt

Transporte[editar | editar a fonte]

Na comuna de Zermatt está prohibido o uso de automóbiles ou vehículos que usan combustibles, permitíndose unicamente o uso de coches eléctricos ou das ambulancias e servizos de seguridade cidadá. A vila é accesíbel en tren desde a comuna de Täsch (onde empeza a prohibición), así como desde Visp grazas á compañía de trens Matterhorn-Gotthard-Bahn, que xestiona a liña do Glacier Express xunto co Ferrocarril Rético.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zermatt