Yutyrannus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yutyrannus
Rango fósil: Cretéceo inferior

Esqueletos montados en actitude de loita.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Superfamilia: Tyrannosauroidea
Xénero: Yutyrannus
Xu et al., 2012
Especie tipo
''Y. huali''
Xu et al., 2012

Yutyrannus (que quere dicir "tirano emplumado") é un xénero de dinosauros da familia Tyrannosauroidea que contén unha única especie coñecida, Yutyrannus huali. Esta especie viviu a comezos do período Cretáceo no que hoxe se coñece como o nordeste da China.[1] Os tres fósiles de Yutyrannus huali, todos eles atopados en leitos rochosos da provincia de Liaoning, son no presente os meirandes dinosauros coñecidos que conservan evidencias directas de plumas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xu, X.; Wang, K.; Zhang, K.; Ma, Q.; Xing, L.; Sullivan, C.; Hu, D.; Cheng, S.; Wang, S.; et al. (2012). "A gigantic feathered dinosaur from the Lower Cretaceous of China" (PDF). Nature 484 (7392): 92–95. PMID 22481363. doi:10.1038/nature10906. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2018. 
  2. Wilford, John N (4 de abril de 2012). "Bus-Size Dinosaurs, as Fuzzy as Chicks". The New York Times.