Yo soy Bea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yo soy Bea
Creado por Fernando Gaitán
Dirixido por Jon Koldo Berlanga
José Picaporte
Mapi Laguna
Rafael de la Cueva
Intérpretes Ruth Núñez
Alejandro Tous
Mónica Estarreado
José Manuel Seda
Ana Milán
Norma Ruiz
Miguel Hermoso Arnao
Patricia Montero
David Arnáiz
Emmanuel Esparza
Rocío Peláez
Rebeca Badía Benlloch
María José Goyanes
Raquel Meroño
Noelia Rosa
Ángeles Martín
Tema de apertura "Te falta veneno", de Edurne
País de orixe España España
Número de episodios 773
Produción
Localización(s) Madrid
Emisión orixinal
Canle de orixe Telecinco
Emisión 10 de xullo de 200616 de agosto de 2009
Ligazóns externas
Páxina web

Yo soy Bea foi unha telenovela española producida por Grundy Producciones para Telecinco. Era unha adaptación da colombiana Yo soy Betty, la fea, emitida por RCN Televisión Colombia; consecuentemente, os personaxes orixinais foron modificados e os seus perfís reescritos para a audiencia española, chegando ao momento de crear unha historia completamente nova tras a saída dos dous primeiros protagonistas.

Estreouse o 10 de xullo de 2006 e finalizou o 16 de agosto de 2009 tras 773 episodios e máis de tres anos de emisión.

Argumento[editar | editar a fonte]

A serie conta como Beatriz Pérez Pinzón, unha moza de 27 anos moi fea pero altamente intelixente, entra a traballar na cobizada revista de tendencias "Bulevar 21". Alí namorarase do seu xefe, Álvaro Aguilar, o mozo e recentemente nomeado director desta revista. A serie narra como Bea se terá que facer valer diante dos seus compañeiros a pesar do seu físico e namorar ao seu xefe.

Máis tarde a trama deu un xiro completo, houbo unha nova protagonista, Be, que debe demostrar ante todos, incluída a súa propia nai, que non necesita que ninguén a manteña e que pode coidar de si mesma. É Beatriz Berlanga Echegaray, unha moza que quere converterse en xornalista, convértese finalmente na protagonista absoluta da serie xunto a Roberto Vázquez, o redactor xefe, que máis tarde sería substituído por César Vila, un xornalista de investigación.

Intérpretes[editar | editar a fonte]

Segunda tempada[editar | editar a fonte]

Primeira tempada[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

2006

2007

2008

2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]