Xosé Luís Sobrado Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Luís Sobrado Pérez
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Feás, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , historiador Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1259505

Xosé Luís Sobrado Pérez, nado en Feás, Boborás, en 1960, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Xeografía e Historia pola USC e funcionario.

Participou en escavacións arqueolóxicas entre 1979 e 1996 e investigou a historia local e comarcal da área do Carballiño e o Ribeiro. Foi membro fundador e primeiro presidente (desde 1994 a 2005, e despois de 2012 a 2020) do Centro de Estudios da Comarca do Carballiño “Chamoso Lamas”, e membro do consello de redacción da súa revista Argentarium. Colaborou na fundación do Ballet Galego Eiras Nosas e do Grupo Arqueolóxico Larouco. Foi fundador e presidente da Asociación Cultural Vagalume de Boborás.[1] [2][3]

Ten múltiples publicacións sobre historia, arqueoloxía, etnografía, o mundo do viño etc. en revistas especializadas e en xornais como La Voz de Galicia. Participou en moitos congresos e cursos da súa especialidade.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Xuvencos: historia e tradición (1996). Concello de Boborás.
  • Astureses: un paseo pola historia (2001). Comisión Parroquial da Saleta.[4]
  • Albarellos. Historias de viño e auga (2002). [Ourense]: Asociación Cultural e Recreativa de Albarellos.
  • O Couto e parroquia de Partovia. Evolución dunha parroquia de dominio monástico (1100-1930) (2005). [Partovia]: Asociación de Veciños.
  • Pazo Tizón: dos espacios, una historia (2017). O Carballiño.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os muíños de auga do río Arenteiro: evolución histórica dende a Idade Media ata os nosos días (2005). Universidade de Vigo. En coautoría para “Homenaxe á Profesora Lola F. Ferro
  • As fábricas de papel na comarca do Carballiño (2010). En coautoría con Francisco Fumega. Carballiño: Centro de Estudios Chamoso Lamas.
  • O viñedo do mosteiro de Oseira na idade media: un modelo de explotación vitícola (1160-1500) (2010). Actas del IV Congreso internacional sobre el Císter en Portugal y Galicia
  • Madarnás. Camiñando na historia (2013). En coautoría con Francisco Fumega, Jorge Lamas e Juan José Álvarez. Madarnás, Ourense: Asociación de Veciños de Madarnás, Deputación Provincial.
  • O proceso de electrificación do noroeste ourensán. Un modelo paradigmático da difusión da electricidade en Galicia (2015). En coautoría con Francisco Fumega. Deputación provincial.
  • As arquitecturas históricas do viño. Polos ribeiros do Miño e do Avia (2020). Como coordenador e coautor con Juan José Álvarez, Diego Reboredo e Jorge Lamas. Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Políticas Culturais, Museo Etnolóxico. Ribadavia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Etnolóxico, Biblioteca Museo (segunda-feira, 21 de dezembro de 2015). "Biblioteca Museo Etnolóxico: O proceso de electrificación do noroeste ourensán". Biblioteca Museo Etnolóxico. Consultado o 2022-07-31. 
  2. Escapadas 892, Redacción. "El patrimonio del vino medieval: granjas y bodegas en el ribeiro". Cepas y Vinos (en castelán). Consultado o 2022-07-31. 
  3. Región, La (2021-10-10). "Sobrado deixa a presidencia do centro Chamoso Lamas". La Región. Consultado o 2022-07-31. 
  4. "Xosé Luis Sobrado Pérez publica un estudio sobre a parroquia de Astureses". La Voz de Galicia. 2001-09-18. Consultado o 2022-07-31.