Xexuno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non confundir con xaxún, abstención de comer nun tempo.

Xexuno, íleo e duodeno

O xexuno é unha das partes do intestino delgado comprendida entre o duodeno e o íleo. A súa función é a de realizar a absorción das substancias do quimo alimentario. Neste treito do intestino delgado actúa o zume intestinal, que degrada ao mínimo os hidratos de carbono, as proteínas e os lípidos. A parede do xexuno presenta as vilosidades intestinais, cuxa función é traspasar ao sangue as substancias anteriormente sinaladas.(en resumo presentan vilosidades que chuchan os nutrientes e eses nutrientes son absorbidos pola vea intestinal e de aí pasan ao sangue).

Histoloxía e función[editar | editar a fonte]

A superficie interna do xexuno, formada por unha membrana mucosa, está cuberta por unhas proxeccións chamadas vilosidades, que aumentan a superficie de tecido dispoñíbel para absorber os nutrientes dos alimentos previamente dixeridos polo estómago. As células epiteliais que recobren estas vilosidades teñen un número aínda maior de microvilosidades. Son as vilosidades e mailas microvilosidades as que permiten que nun anaco miúdo do tubo dixestivo se chuche una gran cantidade de nutrientes. O transporte de nutrientes grazas ás células epiteliais a través do xexuno e mais do íleo inclúe o transporte pasivo da frutosa, o azucre, e o transporte activo de aminoácidos, péptidos pequenos, vitaminas, e a meirande parte da glicosa. O ácido fólico, metabólito esencial do ciclo celular, é absorbido principalmente a este nivel do intestino delgado. As vilosidades do xexuno son moito máis longas cás do duodeno e mailas do íleo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Dog Jejunum 100X

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]