Xeognosia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xeognosia (do grego γῆ , 'Terra', e γνῶσις gnōsis, 'coñecemento, ciencia') foi a denominación que durante o século XIX se lle deu á rama da ciencia xeolóxica que tiña como obxecto o estudo da estrutura da Terra, a orixe e disposición das capas rochosas e dos fósiles as súas mutuas relacións.

O termo xeognosia foi cuñado polo pioneiro da mineraloxía Abraham Gottlob Werner nos anos finais do século XVIII.

Actualmente a xeognosia está incorporada á xeoloxía, sendo, en xeral, considerada como a orixe da actual xeoloxía estrutural.