Xeocronoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Xeocronoloxía á a ciencia, dentro da xeoloxía, que se encarga de determinar a idade absoluta de rochas, sedimentos e fósiles, sempre cun certo grao de incertidume inherente aos métodos usados, que son varios e interdisciplinares.

A xeocronoloxía é diferente á bioestratigrafía, que se encarga de asignar as rochas sedimentarias a un período xeolóxico coñecido mediante a descrición, catalogación e comparación de asociacións animais e florais fósiles presentes na rocha. A biostratigrafía non proporciona directamente a idade dunha rocha, senón que a sitúa dentro do intervalo de tempo para o cal se coñece que esas asociacions fósiles existiron.

A xeocronoloxía é a principal ferramienta coa que conta a cronoestratigrafía, que intenta averiguar a idade absoluta de todas as asociacións fósiles e determinar a historia xeolóxica da Terra e dos corpos extraterrestres.

Métodos de datación[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]