Xaviel Vilareyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXaviel Vilareyo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata
Mieres, España Editar o valor em Wikidata
Morte2015 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua asturiana e Galego de Asturias Editar o valor em Wikidata

Xaviel Vilareyo y Villamil, nado en Mieres del Camín en 1967 e finado en Oviedo, o 19 de maio de 2015,[1] foi un profesor, escritor e etnólogo asturiano. Pertencente á xeración literaria da década de 1990, coñecida como a "Xeración do compromiso".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo, foi un escritor políglota en castelán, asturiano e eonaviego. Profesor de instituto, narrador, poeta, dramaturgo, etnólogo e ensaísta, dirixiu moitas iniciativas culturais sobre a lingua, a literatura e a cultura asturiana.[3]

Deuse a coñecer a través dunha Mención Especial recibida no "Premio Asturiano Joven de Poesía y Narrativa 1995" co seu primeiro poemario titulado "Cróniques del recuerdu". Capacitado para o ensino do asturiano pola Academia de la Llingua Asturiana, organizou os primeiros cursos de lingua asturiana fóra de Asturias, en Madrid, en 2001.

Publicou nas revistas literarias Pretexto, Lletres Asturianes, Lletres Lliterariu, Zimbru, Reloj de Area, Sietestrellu, Lliteratura, El Signo del Gorrión, Isla Desnuda, Amilamia, Calicanto, Poesía Toda, Estío, El Vendedor de Pararrayos, Texturas, e tamén ensaios en diversas revistas e colaboracións xornalísticas.

Apareceu nas antoloxías literarias: Muestra de nueva poesía, Cinco años de lliteratura asturiana, Unde letras falan e Na boca de todos. Publicou tamén o seu Manifiesto sobre la poesía ética, sendo ademais colaborador habitual de revistas como El canciu'l cuélebre, Lletres asturianes, Entrambasauguas, "N'ast" e Fusión. En 2009 conseguiu publicar Los ámbitos de la Nación Asturiana despois de dez anos.[4] Neste libro sobre etnoloxía asturiana defende a reunificación territorial da nación asturiana, As Asturias, a unión cultural e política de todos os territorios asturianos. Como dramaturgo recibiu o Premio de Teatro da Academia de la Llingua Asturiana en 2009 pola súa obra "La fuxida".[5]

Foi organizador da "Xunta de Escritores Asturianos" en Oviedo nos anos 2005, 2008, 2010 e 2012. Coordinou a edición dos libros El conceptu xeneracional (Trabe, 2007), Lliteratura asturiana y compromisu (Trabe, 2009) e Lliteratura asturiana, identidá y nación (Espublizastur, 2012).[6] Os seus ensaios e traballos escritos principalmente en asturiano aparecen tamén en moitas antoloxías e libros colectivos como Cinco años de lliteratura asturiana (Norte, 1998); Muestra de nueva poesía (SPPA, 1998); Lletras novas (Xeira, 2000); Na boca de todos (Veiga, 2006); Unde letras falan (Atenea, 2006); Camín de Bimenes (Xébana, 2007). Fundador do Festival de Cinema Asturiano no ano 2005, certame que dirixiu coa idea de dar a coñecer e difundir o cinema asturiano.[7] En 2009 publicou a Historia del cine asturianu.[8] Coordinou a Xunta de Escritores Asturianos dende 2005.

Faleceu en 2016 aos 48 anos.[9]

Obra[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1995: Mención Especial do Premio Asturiano de Lliteratura
  • 1997: Premio de narrativa Valentín Andrés
  • 1997: Premio Vila de Sarria de Poesía
  • 1998: Premio Xeira de Narracióis
  • 1999: Premio Elvira Castañón de Poesía en Asturiano.
  • 2000: Finalista do concurso de poesía "Voces del Chamamé", co poemario La llende del Foranu
  • 2009: Premio de Teatro da Academia de la Llingua Asturiana
  • 2009: Mención Especial do Premio de Asturiano de Ensaio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece el escritor Xaviel Vilareyo". 20minutos.es. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  2. Arribada o la lliteratura visible
  3. "A literatura eonaviega contemporánea (notas sobre literatura galega de Asturias)". Biblioteca Virtual Galega. Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 "Entrevista a Xaviel Vilareyo, autor de "Los Ámbitos de la Nación Asturiana"". InfoAsturies. 21 de febreiro de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "Xaviel Vilareyo espubliza la obra de teatru “La fuxida”". Asturnews. 7 de xuño de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  6. LaHaine (13 de marzo de 2012). ""Lliteratura asturiana, identidá y nación"". La Haine. Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  7. "El Festival de Cine Asturianu cuntará". Colectivu Editorial Glayíu. 21 de abril de 2005. Consultado o 18 de marzo de 2012. [Ligazón morta]
  8. 8,0 8,1 "Xaviel Vilareyo presenta 'Historia del Cine Asturianu'". InfoAsturies. 10 de enero de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  9. Muere a los 48 años Xaviel Vilareyo, escritor en asturiano y profesor
  10. Asturias Mundial (15 de marzo de 2012). "Presentóse n'Uviéu "Les Asturies y el nacionalismu bascu", llibru de Xaviel Vilareyo". Consultado o 18 de marzo de 2012.