Xallas Fútbol Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xallas FC
NomeXallas Fútbol Club
Fundación1965
EstadioCampo da Fontenla
Inauguración1980
Capacidade1000
LigaPrimeira Autonómica de Galicia
Na rede
Facebook: XallasFutbolClub Twitter: xallasfc Instagram: xallasfc65 Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Xallas Fútbol Club é un equipo de fútbol de Santa Comba, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1965[1]. Actualmente compite no Grupo II da na Primeira Autonómica de Galicia[2].

Historia[editar | editar a fonte]

Se ben varios equipos do concello de Santa Comba xa encontros amigables, non foi ata 1966 cando se formalizou oficialmente un equipo federado. O seu primeiro presidente foi o empresario José Suárez Suárez “Raso”, e o club comezou a xogar a Liga da Costa, disputando os partidos como locais no campo do Carreiro. Xogouse con camiseta verde, por acordo coa empresa de xabóns Lagarto, e calzón negro.

Nos primeiros anos acadou tres campionatos da Copa da Costa, xa que para dita competición regresaban a Santa Comba algúns xogadores que estudaban en Santiago de Compostela, así como o dianteiro de orixe portorriqueña Arana. o 29 de xuño de 1968 o equipo xogou un amigables contra o Deportivo da Coruña no campo do Carreiro, con vitoria local por 5-2.

Despois duns anos de dificultades, a mediados da década e 1970 reactivouse o club baixo a presidencia de Severino Amarelle. Xogadores que estudaban en Compostela trouxeron novos métodos de adestramento, e creouse o equipo de xuvenís. A canteira logra que na década de 1980 o equipo ascenda a Primeira Rexional, e en 1985 acadouse a Copa Deputación de 1ª Rexional fronte ao Camariñas. Na tempada 1986-87 o Xallas FC ascende a Rexional Preferente, e ao ano seguinte constrúese o campo de Fontenla. Porén, a finais da década o equipo descende por mor da situación económica do club.

Na tempada 2001-2002 acadan o triunfo en Liga e Copa, en 2007 ascenden a Segunda Autonómica e en 2011 chegan de novo a Rexional Preferente. En 2012 créanse varios equipos nas categorías inferiores. No ano 2013, coa entrada na presidencia de José Manuel Perez Gorgal (Pichichi) empeza unha nova etapa dourada do Xallas, converténdose así no presidente máis laureado. En 2015 o equipo acada de novo a Copa da Costa fronte ao Corme, e no 2016 vencen de novo, fronte ao Soneira, e acadan tamén a Supercopa contra o campión da Copa do Sar, o Flavia. De novo en 2018 acadouse a Copa da Costa contra o Sofán.

Estadio[editar | editar a fonte]

O terreo de xogo do Xallas FC é o Campo Municipal da Fontenla de Santa Comba. Inaugurado en 1980 conta con céspede artificial e unhas dimensións de 100 x 66. A capacidade do estadio é de 1000 asistentes[3].

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión Copa da Costa 1966 contra o Muxia (Tempada 1966-1967).
  • Campión Copa da Costa 1967 contra o Negreira (Tempada 1967-1968).
  • Campión Copa da Costa 1969 contra o Ponteceso (tempada 1969-1970).
  • Campion Xuvenil 1979-1980.
  • Ascenso á 1ª Rexional como 3º clasificado da Liga da Costa (Tempada 1980-1981).
  • Campion Xuvenil 1980-1981.
  • Campión da Copa Deputación de 1º Rexional 1985 contra o Camariñas (Tempada 1984-1985).
  • Subcampión 1ª Autonómica e ascenso a Rexional Preferente 1986-1987.
  • Campión Xuvenil 1988-1989.
  • Campión Xuvenil 1994-1995.
  • Campión Liga 3ª Autonómica 2001- 2002.
  • Campión Copa da Costa 2002 contra o Cabana (Tempada 2001-2002).
  • Campión Liga 3ª Autonómica 2006- 2007.
  • Subcampión Liga 2ª Autonómica e ascenso a 1ª Autonómica 2009- 2010.
  • Campión 1ª Autonómica e ascenso a Rexional Preferente 2010- 2011.
  • Campión Copa da Costa 2013 contra o Malpica (Tempada 2012-13).
  • Campión de liga infantís e ascenso á liga galega (Tempada 2012-2013).
  • Campións de liga cadetes e ascenso á liga galega (Tempada 2013-14).
  • Campión Copa da Costa 2015 contra o Corme (Tempada 2014-15).
  • Campións infantís de liga (Tempada 2014-15).
  • Campións infantís de Copa da Costa (Tempada 2014-15).
  • Campión Xuvenil (2015-2016).
  • Campión Copa da Costa Xuvenil 2016 contra o Ponteceso (Tempada 2015-16).
  • Campión de Liga Prebenxamín 2015-16.
  • Campión Copa da Costa 2016 contra o Soneira (Tempada 2015-16).
  • Campións Liga Prebenxamíns 2015-16.
  • Campión Supercopa 2016 contra o Flavia
  • Campión Copa da Costa 2018 contra o Sofán (Tempada 2017-2018)
  • Campión Copa da Costa Cadete 2023 contra o Outes fc (Tempada 2022-23)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xallas F. C.". La Preferente. 
  2. "Xallas FC". Federación Galega de Fútbol. 
  3. "Mpal. A Fontenla :: Estadios y Pabellones ::". www.lapreferente.com. Consultado o 2024-04-01.