Wonder Woman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A gañadora do reality show America's Next Top Model, Adrianne Curry facendo un cosplay de Wonder Woman.

A Wonder Woman é unha superheroína de banda deseñada da DC Comics creada por William Moulton Marston. É a princesa de Themyscira (ás veces chamada Illa Paraíso), filla da raíña das amazonas, Hipólita. Súa nai creouna a partir dunha imaxe de barro, á cal cinco deusas do Olimpo lle deron vida e superpoderes. Xa adulta, foi enviada para o "mundo dos homes" para espallar unha misión de paz, ben como loitar contra o deus da guerra, Ares. Tornouse integrante da Liga da Xustiza, así como Superman e Batman. Foi a primeira heroína creada, en 1941, pola DC Comics.

Basicamente, a Muller Marabilla é unha muller caucasiana de cabelo negro (curto, longo, encaracolado e liso nas diferentes historias), usando unha tiara dourada cunha estrela, un traxe que combina bustier vermello cunha aguia dourada como símbolo (sendo substituída por un duplo "W" nos anos 1980), pantalón curto azul con estrelas brancas e botas de cano longo vermellas.[1] Despois da guerra civil en que súa nai foi deposta do trono das Amazonas, deixou de usar a tiara.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "GPdesenhos.com.br". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2010. Consultado o 15 de outubro de 2011. 
  2. Wonder Woman, v.2, # 170, xullo de 2001

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]