Winnie Harlow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWinnie Harlow

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Chantelle Brown-Young Editar o valor em Wikidata
27 de xullo de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Mississauga, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónFletcher's Meadow Secondary School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,75 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónModelo
Período de actividade2014 Editar o valor em Wikidata -
Familia
ParellaKyle Kuzma (2020–)
Wiz Khalifa (pt) Traducir (2018–2018) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webofficialwinnieharlow.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm6663210 Facebook: officialwinnieharlow Twitter: winnieharlow Instagram: winnieharlow TikTok: winnieharlow Editar o valor em Wikidata

Winnie Harlow, nada como Chantelle Brown-Young en Toronto (Ontario) o 27 de xullo de 1994, é unha modelo canadense e portavoz das persoas con vitilixe. É máis coñecida por participar no programa de televisión estadounidense America's Next Top Model.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Winnie Harlow é de ascendencia xamaicana[1] e ten dúas irmás.[2] Á idade de catro anos diagnosticóuselle a alteración crónica da pel caracterizada pola despigmentación de porcións da pel. Winnie foi vítima da intimidación doutros nenos e, segundo informa, foi chamada «vaca, cebra e toda clase de insultos» ao longo da súa infancia.[1] O acoso verbal levouna a cambiarse de escola numerosas veces e abandonar a escola secundaria, despois do cal chegou a contemplar a posibilidade do suicidio.[1][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Percorrido como modelo[editar | editar a fonte]

Winnie foi descuberta pola presentadora de America's Next Top Model, Tyra Banks, en Instagram, e posteriormente converteuse nunha das catorce finalistas do ciclo 21 en 2014. Ela foi a primeira e única canadense que participou no concurso.[4] Foi eliminada na segunda semana e participou nunha competición separada chamada a «serie de regreso», onde continuou participando nas sesións de fotos do ciclo xunto cos outras concursantes eliminadas, co obxectivo de regresar á competición.[5] Despois de completar a «serie de regreso», revelouse que ela recibira a maior puntuación media de votos do público, polo que regresou.[6] Foi eliminada novamente no episodio 13, quedando no sexto posto en xeral.[6]

Harlow no Festival de Cannes 2017.

Tras a súa eliminación de America's Next Top Model, Harlow traballou para a marca de roupa española Desigual e converteuse na representante oficial da marca.[7][8] En setembro de 2014, camiñou e pechou para a marca de roupa Ashish para a súa colección primavera/verán 2015 na Semana da Moda de Londres.[9][10] Tamén traballou con revistas de moda como i-D e Dazed, e para a páxina web de moda Showstudio.com.[11] En 2015 colaborou coa marca de roupa italiana Diesel para a súa campaña primavera/verán 2015, que foi rodada polo fotógrafo de moda británico Nick Knight.[7][12] Posou para as edicións españolas e italianas da revista Glamour e apareceu na edición de agosto-setembro de 2015 da revista Complex.[13][14][15] Tamén foi presentada no número de agosto de 2015 de Cosmopolitan.[16] Apareceu na páxina web de Vogue Italia nunha entrevista e unha sesión fotográfica.[17] En agosto de 2015, Winnie apareceu na edición de setembro da revista Ebony, xunto á ex-concursante de America's Next Top Model, Fatima Siad.[18] En 2016, apareceu nun anuncio para Sprite, e tamén nunha campaña para Swarovski.[19][20] O mesmo ano, foi elixida como unha das 100 Mulleres da BBC.[21]

Oradora pública[editar | editar a fonte]

En xullo de 2011, Winnie publicou un vídeo de YouTube titulado Vitilixe: unha condición da pel, non un cambiador de vida, onde falou sobre a súa condición e respondeu a preguntas sobre a súa vida vivindo con vitilixe.[7] En novembro de 2014, nunha presentación en TED, deu un discurso sobre a súa experiencia de vivir con vitilixe.[3] En outubro de 2015, Harlow falou no panel Dove Self-Esteem Project no Cume Mundial de Mulleres 2015.[22] Entregóuselle o premio «Modelo a seguir» no evento de 2015 de GQ, Home do Ano.[23]

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Harlow apareceu en varios vídeos musicais, incluíndo «The One» de JMSN, «Guts Over Fear» de Eminem e «#WHERESTHELOVE» de The Black Eyed Peas.

Ela foi un dos moitos cameos notables no «álbum visual» de Beyoncé, Lemonade.[24]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Notas
2014 Access Hollywood Episodio: «26 de xuño de 2014»
America's Next Top Model 6º posto no ciclo 21
2015 Prominent! Episodio: «13 de febreiro de 2015»
Primetime: What Would You Do Episodio: «Venres 12 de xuño»

Vídeos musicais[editar | editar a fonte]

Canción Ano Artista Referencia(s)
«The One» 2014 JMSN [25]
«Guts Over Fear» Eminem ft. Sia [26]
«Lemonade» 2016 Beyoncé [27]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "From Suicide Thoughts to America's Next Top Model Finalist". Gleaner Company. 
  2. "Chantelle Winnie: ‘I’m proud of my skin’". ISSN 0261-3077. 
  3. 3,0 3,1 "Chantelle Winnie: ‘I’m proud of my skin’". 
  4. "Model with rare skin disease changing the face of fashion". New York Post. 
  5. "'America's Next Top Model' cuts Chantelle Brown-Young from the competition". Reality TV World. 
  6. 6,0 6,1 "'America's Next Top Model' eliminates Mirjana Puhar, welcomes back Chantelle Brown-Young". Reality TV World. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Winnie Harlow: Canadian Model With Rare Skin Condition Lands 2 Major Campaigns". 
  8. "Canadian Model With Skin Disorder Gets Another Sweet Gig". 
  9. Theo. "Model Suffering from Vitiligo Scores Desigual Campaign". Fashion Model Directory. 
  10. "Winnie Harlow - Model". 
  11. Models. "Winnie Harlow". Models. 
  12. "Winnie Harlow stars in Diesel’s new campaign". Dazed. 
  13. "Vídeo: Winnie Harlow, el valor de ser diferente | Glamour". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  14. "Editorials. Chantelle Winnie. Glamour Italia June 2015. Images by Giovanni Gastel. | SUPERSELECTED - Black Fashion Magazine Black Models Black Contemporary Artists Art Black Musicians". 
  15. Karizza Sanchez. "Model Winnie Harlow Talks Drake, Vitiligo, and Embracing Your Own Skin | Complex UK". 
  16. "Model Chantelle Winnie Remembers Getting Beat Up Because of Her Vitiligo". 
  17. Lucia D'Angelo. "Chantelle Winnie". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  18. "Ebony Magazine September 2015 Pays Homage To Female Black Models". Ebony. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  19. "YouTube". YouTube. 
  20. "SWAROVSKI – Introducing the ”Swarovski Crystaldust Crew“ with Winnie Harlow". YouTube. 
  21. "BBC 100 Women 2016: Who is on the list? - BBC News". 
  22. "Model Winnie Harlow gives empowering talk at Women in the World event". 
  23. "GQ Men of the Year 2015". Metro. 
  24. "Winnie Harlow, Beyonce Lemonade Model with Vitiligo". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  25. Spice TV. "VITILIGO MODEL CHANTELLE BROWN YOUNG STARS IN MUSIC VIDEO FOR JMSN". Spice. 
  26. "Watch Eminem Get in the Ring for 'Guts Over Fear' Video". 
  27. "How Winnie Harlow Went from America's Next Top Model to Beyoncé's "Lemonade"". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]