Williot Theo Swedberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Williot Theo Swedberg
Información persoal
Nacemento 1 de febreiro de 2004
Lugar de nacemento Estocolmo
Nacionalidade Suecia
Altura 1.85 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Celta de Vigo
2020-2022 Hammarby IF
Na rede
IMDB: nm15146148 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Williot Theo Swedberg, nado en Estocolmo o 1 de febreiro de 2004, é un futbolista sueco que xoga como mediocentro no Celta de Vigo da Primeira División de España.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hammarby IF[editar | editar a fonte]

Tras varias cesións en equipos da terceira categoría sueca, debutou no Hammarby IF o 11 de xullo de 2021, nunha vitoria por 5-1 fronte o Degerfors IF. Entrou no minuto 79 e anotou un gol dous minutos despois.

O 23 de febreiro de 2022, Williot estivo a piques de fichar polo Lokomotiv de Moscova. Porén, a fichaxe foi truncada pola invasión rusa en Ucraína, que provocou a cancelación do fútbol no país.

Celta de Vigo[editar | editar a fonte]

O 17 de xuño de 2022 fíxose oficial a súa incorporación ao Celta de Vigo, por 4,7 millóns de € e cun contrato até 2027.[2]

Selección[editar | editar a fonte]

Swedberg anotou no seu debut coa Selección de fútbol sub-17 de Suecia nunha vitoria por 3-1 fronte a Noruega o 17 de setembro de 2019.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Actualizado co último partido disputado o 29 de maio de 2022 .

Club País Ano Partidos Goles
Hammarby IF Suecia Suecia 2020-2022 40 8
IK Frej (cedido) Suecia Suecia 2020 16 0
Hammarby TFF (cedido) Suecia Suecia 2021 11 1
Celta de Vigo España España 2022-act.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]