Wikipedia:Wikiproxecto Estradas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido ó Wikiproxecto Estradas, nado co obxectivo de completar e mellorar os artigos sobre estradas na Galipedia.

Descrición[editar | editar a fonte]

O Wikiproxecto tenta centralizar e organizar, agora que inda está bastante "verde", a información sobre as estradas, prestando especial atención á rede viaria galega, pero sen esquecernos das doutros lares. A toma de decisións realizarase na conversa.

Inscrición[editar | editar a fonte]

Se ben non é obrigatoria, é interesante que os que vaian a participar activamente na elaboración dos artigos sobre estradas, se apunten a continuación:

  1. Pontevedra78

Obxectivos[editar | editar a fonte]

  1. Crear e ampliar os artigos sobre as estradas que transcorren por Galicia, por orde de importancia.
  2. Crear modelos de navegación para as redes de estradas galegas. Existindo xa o correspondente ao da Xunta de Galicia, quedaría por facer o das do Estado.Feito! Feito!
  3. Crear e ampliar os artigos das estradas que transcorren pola Península ibérica, as Baleares e as Canarias.
  4. Crear modelos de navegación para as estradas, un para cada CCAA de España, e outro para Portugal.
  5. Crear artigos para todas as Rutas europeas, co seu respectivo modelo.

Documentación[editar | editar a fonte]

-Rede de estradas da Xunta: A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
-Mapa das estradas galegas (proporcionado por CMATI)
-Área de estradas do MFOM

Código estándar para os artigos (proposta)[editar | editar a fonte]

Partindo da experiencia dos artigos máis desenvolvidos, proponse o seguinte:
Título: Corresponderase coa nomenclatura oficial da estrada (AC-11, e non Avenida de Alfonso Molina). No caso de que unha mesma estrada reciba distintos nomenclaturas (por exemplo a Autoestrada Central Galega, que é AP-53 e AG-53), optarase por empregar, se o ten, o nome oficial, e de non telo, poñeranse, por orde alfanumérico (LU-903/OU-903), as distintas nomenclaturas, e farase unha redirección para cada unha delas.

Breve descrición, por exemplo: A A-6 ou Autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.

==Historia== (se se coñece) De coñecerse, coméntase cando se comezou a construción, cando se desdoblou, que percorrido facía inicialmente, etc.


==Características==


Descríbese a tipoloxía (autoestrada, autovía, estrada de dobre calzada, vía rápida) e feitos destacables (presenta moitos viadutos, túneis, etc).


==Percorrido==


Amplíase a información dada na descrición inicial, citando núcleos importantes ou puntos xeográficos destacados.


==Saídas==


Un exemplo de como se debería amosar esta información podémolo ver aquí.


==(feitos)==

Neste apartado (ou apartados, de ser necesario) poñeranse os feitos que non son especialmente "técnicos", como pode ser o uso do galego na AP-9, a celebración de competicións, etc.

Por último, categorízase e se pon o modelo que lle corresponde, segundo a súa pertenza a unha determinada rede de estradas.