Wikipedia:Wikiproxecto Wikidata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a ao Wikiproxecto Wikidata.

Obxectivo e xustificación[editar a fonte]

O obxectivo é crear un espazo para centralizar dúbidas e resolucións sobre diversos aspectos referidos a Wikidata de tal xeito que, calquera persoa que queira comezar a editar en Wikidata, teña unha guía de aspectos básicos e sinxelos.

Comezou en novembro de 2023, por mor dos cambios nas novas infotáboas e algunhas disfuncións e dúbidas existentes e que se foron resolvendo sobre a marcha. Pretende ser un lugar de consulta rápida.

Inscrición[editar a fonte]

Non é precisa a inscrición.

Cousas pendentes de trasladar a Wikidata co cambio do modelo a xeografía política[editar a fonte]

Concellos[editar a fonte]

Xentilicio[editar a fonte]

Nome que se lle dá aos residentes do lugar. A 17/12/2023 hai 287 concellos que non teñen xentilicio en Wikidata. ( Consulta). Do resto de concellos temos un total de 57 xentilicios, (consulta) polo que moitos están inclompletos en variantes de xénero/número

  1. debe incluírse en Wikidata con todas as variantes de xénero e número (varios valores).
  2. Debe ir sempre en minúscula.
  3. Debe indicarse a lingua, neste caso galego, na caixiña que nos sae por baixo do texto do xentilicio cando o estamos a introducir e pon "Lingua". Do contrario non deixa publicar
  4. Cada termo/xentilicio debe levar un cualificativo/cualificador para indicar o xénero e o número. Engádese premendo "engadir cualificativo" + parte implicada: feminino plural, feminino singular, masculino singular, masculino neutro.
  5. Debe levar unha referencia. Se provén dun sitio web podemos escoller URLda referencia (P854), pegar a url e engadir a data de acceso co día de hoxe (propiedade 813)
  • Engadir valores novos:
    • Dende a nova caixa de xeografía política, premer no lapis á beira de xentilicio para "engadir un novo valor" en Wikidata hai algún xentilicio, pero faltan formas. Premer en engadir valor. Aparece unha nova caixa á dereita no que se incluirá o xentilicio . Aparece tamén unha pequena caixa onde cubriremos a lingua, neste caso galego. Achegaremos unha referencia coa opción "engadir unha referencia". Premer en publicar para gardar
    • Dende a caixa de información de concello, premer en "editar datos en Wikidata" e buscar a propiedade xentilicio (P1549) para engadir máis valores do mesmo xeito que o indicado máis arriba
  • Sen xentilicio:
  1. Localizar o elemento en wikidata (opcións a- premer en calquera lapis do cadro xeografía política b- premer "editar datos en wikidata" no modelo concello c- na columna esquerda da páxina de Galipedia, premer en "Elemento Wikidata")
  2. Ao final da páxina do elemento de Wikidata, antes dos identificadores premer en "engadir unha declaración"
  3. Comezar a escribir "xentilicio" ou P1549. Seleccionar. Aparece unha nova caixa á dereita no que se incluirá o xentilicio . Aparece tamén unha pequena caixa onde cubriremos a lingua, neste caso galego. Achegaremos unha referencia coa opción "engadir unha referencia". Premer en publicar para gardar

Exemplo: Xirona https://www.wikidata.org/wiki/Q7038

Xefe do goberno (alcalde/alcaldesa)[editar a fonte]

A 17/12/2023 hai 12 concellos nos que non figura a persoa que ocupa o cargo máximo na alcadía (Consulta). Cómpre seguir as instrucións indicadas para modificacións de alcaldes/alcaldesas

Consultas[editar a fonte]

Consulta Resolución
1 Como actualizar un novo alcalde/alcaldesa en Wikidata
2 Como modificar unha capital
2 Como poñer coordenadas nun elemento wikidata
3 Como poñer unha foto nun elemento wikidata

1. Como modificar un alcade/alcaldesa[editar a fonte]

Primeiro de todo, habería que saber se o alcalde/alcaldesa que figura está desactualizado. Esta pesquisa é un tema á parte. Deberemos contar con:

  1. Unha fonte fiable para a data de toma de posesión do posto na alcaldía. Cando se producen cambios/alteracións no medio dun mandato, o máis probable é que esta fonte sexa unha nova dun xornal. No diferencial que se achega de exemplo pódese apreciar como incluír esa referencia en Wikidata.
  2. O Q ou elemento de Wikidata que representa a esa persoa. Se non estivese creado habería que comezar por crear un Q en wikidata de persoa. Antes de crealo, buscaremos polas variantes de nome na caixa de busca de wikidata para evitar crear un duplicado. Se na galipedia temos unha entrada para esta persoa, para localizar o Q en wikidata bastará con fichar na caixa de información "editar datos en wikidata", que nos abrirá unha nova ventana onde poder consultalo. Se existise a entrada en Galipedia, pero non aparecese esa mensaxe no cadro, habería que ben ligalo á páxina se existe xa en Wikidata ou ben crealo en Wikidata e ligalo á entrada da Galipedia.
  • A afirmación de wikidata onde hai que editar chámase P6 "xefe de goberno". Dende o cadro de información de xeografía política, se prememos o lapis nesta denominación levaranos directamente a onde temos que editar.
  • Os alcades/alcaldesas deben contar cun cualificador "data de inicio" do mandato sempre. Cando aínda está no cargo non podermos data de final de mandato.
  • Para actualizar unha persoa pola súa sucesora:
  • engadiremos unha data de fin á primeira (no cualificador)
  • premeremos en novo valor e teclearemos o nome da sucesora ata que apareza na caixa de busca. Unha vez aparecida, premeremos para que quede fixada
  • Engadiremos, nesta última un cualificador, data de inicio coa data AAAA-MM-DD do mandato.
  • A esta nova afirmación/valor engadiremos unha referencia (engadir unha referencia)
  • Daremos a gardar

2. Como modificar unha capital[editar a fonte]

Capitais que aparecen cun nome incorrecto ou noutro idioma (válido para calquera cousa que lle ocorra o mesmo no cadro de xeografía política)[editar a fonte]

O nome non está en galego ou aparece co símbolo en pequeno doutra lingua (pt)

  • Premer no lapis do cadriño correspondente. Aterramos na propiedade a modificar en Wikidata
  • Do lado dereito aparece o nome da capital. Prememos nela para editar o elemento no que se atopa. Abre outra ventá.
  • Na nova ventá, na esquina sup. dereita: editar; Modificamos o primeiro apartado "etiqueta" e prememos publicar.

Lugares que non teñen capital no cadro (polo momento este campo está desactivado)[editar a fonte]

Requirimentos: a capital ten que contar cun elemento de seu en wikidata (Q), doutra maneira non se poderá engadir e entón haberá que crealo primeiro

  • Dende o cadro da páxina "nai" premer na icona do lapis no campo capital para pasar a editar en Wikidata
  • Engadir unha declaración (final de toda a lista de declaracións), premendo no símbolo +
  • Comezar a teclear P36 ata que apareza "capital" e seleccionar. A continuación comezar a teclear o nome da capital desexada ata que apareza e seleccionar
  • Premer en publicar.

Incidencias: pode aparecer unha banderiña de aviso indicándonos que o elemento que é capital (e indícao cunha ligazón para que vaiamos a editar nel), ou sexa, o que vimos de engadir, ten que levar a propiedade inversa.

  • Premeremos nas ligazóns que nos leven a ese elemento
  • Engadir unha declaración (final de toda a lista de declaracións), premendo no símbolo +
  • Comezar a teclear P1376 (capital de ) ata que apareza "capital de" e seleccionar . A continuación, comezaremos a teclear o nome da entidade da que este elemento é a capital (relación inversa á que se indicou máis arriba). Se se trata da capital dun concello, poriamos o nome do concello.
  • Premer en publicar.