Wikipedia:Votacións para borrar/Diferenzas entre o galego e o portugués
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Diferenzas entre o galego e o portugués[editar a fonte]
Votación PECHADA: Manter
Período de votación: 2/1/2019 - 02/02/2019
SI: 4 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
- Proposto por: Atobar (conversa comigo) 2 de xaneiro de 2019 ás 19:46 (UTC) (Período de votación: dende o 02-01-2019 ata, polo menos, o 09-01-2019)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Expuxen os motivos na páxina de conversa do artigo, pero con bo criterio HombreDHojalata comenta que convén mudalo para acó. Dicía: teño serias dúbidas sobre a pertinencia da entrada. Vexo que foi creada primeiramente en portugués por un usuario galego. Despois traduciuse ao español e, cun bot, ao asturiano. Agora, dez anos máis tarde, chega a través da tradución á Wikipedia en galego. Como non creo que désemos por bo un artigo "Diferenzas entre o galego e o castelán/francés/occitano/catalán...", tampouco creo que este deba figurar cunha entrada propia. Todo o que aquí se poida explicar, cabe perfectamente nos diversos artigo que xa existen sobre a lingua galega, en especial na sección de historia ou evolución. Todo isto vai á marxe de que o artigo agora mesmo non é neutral, parte dunha falsa equidistancia entre as posicións reintregracionistas (moi minoritarias tanto a nivel social como filolóxico) e as restantes e pode, en último termo, formar parte dunha folla de ruta que non se detivo no seu momento, cando o artigo foi creado en pt.wki.--Atobar (conversa comigo) 2 de xaneiro de 2019 ás 19:46 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 2 de xaneiro de 2019 ás 19:46 (UTC)[responder]
- Borrar --. HombreDHojalata.conversa 2 de xaneiro de 2019 ás 21:14 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2019 ás 10:41 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2019 ás 00:35 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter One2 (conversa) 2 de xaneiro de 2019 ás 22:21 (UTC)[responder]
- Manter Cossue (conversa) 12 de xaneiro de 2019 ás 07:23 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Varias cousas:
- Non vexo ben que se elimine información válida. Ademais, primeiro fálase de borrar o artigo e despois de fusionalo. Fusionar poderíase fusionar pero se se elimina…
- Non é o mesmo diferenzas co portugués que con outra lingua, precisamente porque hai quen di que son linguas diferentes e quen di que son a mesma. Aí podería estar a graza do artigo: podermos tirar unha conclusión propia a partir da información.
- O artigo si que chega a través da tradución, pois menciona que se conservan varias formas arcaicas. Se se conservan non son arcaicas! Eu corrixiría iso.
- Non é o mesmo "Diferenzas entre o galego e o castelán/francés/occitano/catalán..." que diferenzas entre galego e portugues polo simple feito de que foron (ou son, non entro no debate filolóxico) a mesma lingua durante séculos. Na miña opinión non só non se debería borrar senón que mesmo estaría ben que alguén o ampliase. Material hai abondo: https://www.youtube.com/watch?v=kbkhdP5JQMM Cossue (conversa) 12 de xaneiro de 2019 ás 07:23 (UTC)[responder]
- Atobar haberá que ir pensando en pechar a votación non? Xa leva un tempo sen avance ningún. --AMPERIO (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 18:26 (UTC)[responder]