Wikipedia:Sobre Galicia/maio 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Murguía, historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. Naceu o 17 de maio de 1833 no lugar do Froxel, en San Tirso de Oseiro, fillo de dona Concepción Murguía e don Juan Martínez, farmacéutico, na rúa Garás da Coruña. Axiña se estableceu en Santiago de Compostela e será en Compostela onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do 23 de abril de 1846, que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento.