Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A participación de Galicia na segunda guerra mundial estivo marcada pola súa situación estratéxica fronte ás costas do Atlántico. A segunda guerra mundial foi un conflito armado a nivel global que durou dende 1939 a 1945. A pesar da neutralidade española, a guerra tamén afectou ao país debido á súa situación estratéxica. O volframio extraído de minas como as de San Fins era utilizado pola industria bélica nazi. A extracción e transporte do mineral realizábano empresas tapadeiras, como a Sociedade Financeira e Industrial (SOFINDUS).

Centos de galegos viaxaron para loitar cos alemáns na fronte oriental, dentro da División Azul, por outra banda, antigos combatentes republicanos loitaron cos aliados, sendo moitos deles recluídos en campos de concentración. Dos portos galegos saían U-Boot alemáns, e para manter a comunicación con estes, os nazis construíron en Cospeito unha antena que enviaba o sinal que permitía a navegación. Unha vez rematou o conflito, moitos criminais nazis utilizaron os portos de Vigo e Ferrol para fuxir a Suramérica.