Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Imaxe:Carlos Solla.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Imaxe:Carlos Solla.jpg[editar a fonte]
Resultado: A favor: 0, en contra 3. Rexéitase.
- Información: imaxe creada por Estevoaei e cargada por Estevoaei; proposta por Lmbuga.
- Información: Carlos Solla Varela, membro da asociación cultural e ecoloxista Verbo Xido da Terra de Montes, no pregón da X festa da Sidra e da Mazá en San Tomé de Piñeiro--Lmbuga Commons - Galipedia 18:27, 12 outubro 2008 (UTC)
{{Concordo}}. --Lmbuga Commons - Galipedia 18:27, 12 outubro 2008 (UTC)- Discordo. A fotografía non é mala, pero ao meu entender non é demasiado representativa. Nin o evento (pregón da festa da Sidra), nin a persoa teñen a suficiente entidade como para ir na portada. Que non se me entenda mal, e con tódolos meus respetos, hai moitos escritores galegos, moi coñecidos e recoñecidos, e de Carlos Solla Varela apenas temos un esbozo na Galipedia. Tamén vexo que non usamos case nunca fotografías de persoas na portada, e de comezar a poñer, eu tiraría máis por persoaxes con máis peso na enciclopedia (presidentes da Xunta, homenaxeados no día das letras galegas, etc.). É unha opinión persoal, e respeto aos que pensen que tamén está ben dar a coñecer outras persoas que teñen o seu mérito e forman parte da historia da Galiza. Esas persoas ben merecen un artigo enciclopédico, pero eu non as poría na portada. Miguel.lima 21:40, 13 outubro 2008 (UTC)
- Discordo. Acepto e fago miñas as palabras de Miguel Lima, de aí que mude o meu voto inda que eu propuxera a foto. Entendo que a imparcialidade da Galipedia supoña que persoas que non sexan -perdón se non o dou expresado mellor- os magníficos de Galicia, sobre todo se están vivas, non deban ter representación, pois pode parecer que nos implicamos ideoloxicamente ou que lle damos unha importancia excesiva a un individuo concreto.
- Desde aí entendo as palabras de Miguel Lima, asúmoas ,e mudo o meu voto; mais non sen certa tristeza, pois na miña opinón, a sucesión de diferentes individuos na portada é a que debe dar conta da nosa imparcialidade. Entendo que non caben na portada imaxes comprometidas, pero que só caiban imaxes de persoas vivas non significativas na vida de Galicia, paréceme triste.
- Mudo o meu voto porque comprendo que eu son moi diferente daquel que se achega á Galipedia por primeira ou segunda vez, ve esa foto e tira conclusións. O que cuestiono con estas palabras que estou a escribir é o dereito que ese individuo ten a tirar conclusións e o feito de que nós actuemos previamente polas conclusións que poida tirar, cando, en si, a presenza da foto non ten por que supor un posicionamento ideolóxico, pois se o supuxese ou puidese suxerilo iría en contra das políticas da Galipedia. Quédame preguntar se esa foto pode implicar realmente un posicionamento ideolóxico cando é un escritor galego máis ou menos recoñecido. Así e todo, mudo o meu voto;
pero salvo o caso de catro magníficos mortos, votarei en contra en diante da imaxe de calquera persoa pública: cantantes, actores, políticos... ou imaxes en que estes estean presentes sexa cal sexa o motivo. Na miña opinión, nós mesmos pechamos os nosos horizontes, pero acéptoo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:28, 14 outubro 2008 (UTC)
- Discordo Estou completamente de acordo coa intervención que fixo Miguel.lima, podería tela escrito eu mesmo (de feito onte pensei en escribir algo parecido) e tamén comprendo a outra visión do asunto que expón Lmbuga en particular a cuestión referida a que "a sucesión de diferentes individuos na portada é a que debe dar conta da nosa imparcialidade". De todos os xeitos é un asunto dos complicados que ten moitas ramificacións e que haberá que resolver caso por caso segundo se vaian producindo. Cando se trata de persoas vivas hai que ter especial tino nos debates e ser coidados nas argumentacións. Non se trata de poñer en cuestión ás persoas fotografadas senón de avaliar se a escolla é máis apropiada en cada momento. Evidentemente hai circunstancias que cando se fai a elección do material para a portada quedan fóra das intencións dos colaboradores deste wiki e que poden dar lugar a interpretacións particulares dos diferentes grupos de lectores, aínda así dalgún xeito temos que telo en conta, polo menos naqueles casos que poidamos intuír como máis problemáticos. Gústame a idea que propón Lmbuga coa frase "imaxes de persoas vivas non significativas na vida de Galicia" pero vexo moitos problemas na concreción desa cuestión, por unha banda (isto neste momento no se refire á persoa retratada na imaxe que se debate) todo aquilo que se expón no marcador GloriaVa e por outra banda as limitacións que existen con respecto ao uso de imaxes de persoas que non teñen relevancia pública (intimidade e dereito á propia imaxe). Quizais cando haxa máis retratos de persoas vivas haxa menos dificultades para tomar unha decisión ou quizais á cuestión non sexa tan importante como semella a simple vista. Pola miña parte estou disposto a reconsiderar o meu voto se as circunstancias mudan ou se me decato de que estou enganado. O traballo de Lmbuga coas imaxes e coas imaxes destacadas paréceme demasiado importante para poñerlle tachas pola elección dunha foto ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:02, 14 outubro 2008 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Considero este tema un tema menor. O tema maior é outro. Volvo rectificar as miñas palabras e para que quede claro aquilo que desexo rectificar, vou tachar aquelas coas que no futuro non vou ser coherente. Desexo si aclarar que nunca lin a Carlos Solla. Non o coñezo. Non me di nada a editorial en que publica, inda que vexo que é unha editorial que tirou bastantes bastantes libros. Só me gustou a foto (é a foto dun galego, é escritor, inda que descoñezo a súa entidade como escritor, e non hai vangloria demostrada na creación do artigo nin, naturalmente, na miña proposta). Sobre o meu desacordo sobre outras cuestións relacionadas, falarei nalgúns dos espazos en que proceda falar prontamente--Lmbuga Commons - Galipedia 19:30, 14 outubro 2008 (UTC)
- Comentario Como aclaración para min está claro desde o principio que Lmbuga fixo a proposta da foto porque considera que é boa, máis nada, a min tamén mo parece. Non quixera que quedara ningunha dúbida nese sentido. Antes de que se interpretase que o que dicía cuestionaba os motivos da proposta preferiría non ter dito nada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:07, 14 outubro 2008 (UTC)