Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Abellón, abázcaro en Bastavales, Brión, 090726.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 3 a favor, 1 en contra. Non se elixe como imaxe da semana.
Ficheiro:Abellón, abázcaro en Bastavales, Brión, 090726.jpg[editar a fonte]
- Información: imaxe creada por Lmbuga e cargada por Lmbuga; proposta por Iago. --Iago dime 17:34, 28 xullo 2009 (UTC)
- Imaxe dun abellón en Bastavales. Véxase o artigo insecto
- Concordo. --Iago dime 17:34, 28 xullo 2009 (UTC)
- Concordo A postura do bicho é rara e todo o que comenta Lmbuga será verdade -se el o si- pero o detalle sorprendente das cores e a nitidez do elemento principal da foto paréceme merecente de estar na portada da Galipedia. Ademais, as fotos macro resúltanme especialmente bellas, quizais pola miña absoluta incapacidade para consegirlas. Pedro --Lameiro (conversa) 22:55, 10 agosto 2009 (UTC)
- Concordo. --Prevertgl 18:59, 17 agosto 2009 (UTC)
- En contra
- Discordo Eu, que nada sei de fotografía, non creo que sexa unha boa foto para o que buscamos porque, aínda que é fermosísima, non permite unha identificación axeitada do insecto. --Xabier Cid Conversa 06:45, 17 setembro 2009 (UTC)
- Commons:Category:Bombus (Thoracobombus). Está nos datos da imaxe. Practicamente se pode aducir iso -se é que entendín ben as túas palabras- a todalas miñas imaxes, pero a esta non. Se non estivese identificada a especie, non podería ser imaxe de calidade en Commons-- Lmbuga / Conversa comigo 21:44, 5 outubro 2009 (UTC)
- Comentarios
- Comentario A foto é boa, pero coido que as hai mellor de Lmbuga que aínda non foron propostas. En calquera caso, mala, insisto, non é. --Atobar (conversa comigo) 22:01, 5 agosto 2009 (UTC)
- Comentario Desculpade que edite, pero cando parte da miña vida, inda que pequena parte (é unha afección), se dedica a facer estas fotos de bechos, e un se esforza en facelo ben, é importante para un manifestar o que un pensa.
Coincido con Atobar, inda que só en parte. Cando Iago propuxo esta imaxe, sorprendeume e vinme na necesidade de preguntarlle -fíxeno indirectamente- polas causas da proposta, pois non esperaba eu que esta imaxe fose proposta. El díxome que lle chamara a atención a cor. Eu tiven que reparar na imaxe de novo, porque non me fixara na cor, no contraste de cores.
A cor, tanto a presenza da mesma como a saturación, é excelente, case perfecta, pero é mérito da cámara e do procesador -excelente procesador, quizais o mellor do mercado- que a cámara ten. Claro que eu non tendo a valorar como excelente unha foto miña por algo que de seu fai a cámara. Normamente valóroa polo que son capaz de obter dos medios que teño. Neste sentido non estou excesivamente contento desta foto, non acadei nitidez máis ca no primeiro plano e vinme obrigado a reducir o tamaño da imaxe para que a presentación da mesma en tamaño real fose aceptable pois tiña moito ruído.
É certo que pode haber imaxes miñas mellores, pero pregúntome se hai imaxes miñas mellores feitas nun medio natural, é dicir, sen pillar o becho e metelo nun bote, sen meter o bote na neveira un momento para que o becho non se mova tanto (logo de metelos na neveira ou no conxelador un minuto fago a foto, reviven e sóltoos). En mente só teño tres ou catro imaxes das realizadas nos últimos dous meses que poidan ser mellores.
Con todo, a imaxe non é excepcional, nunca sería imaxe do día en Commons, máis ca probablemente nunca sería imaxe de calidade en Commons (en Commons hai tres votacións diferentes sobre imaxes: Featured pictures, Quality images e Valued images).
Non sería imaxe de calidade en Commons polo maior defecto que ten a foto: A nitidez no segundo plano é moi deficiente (coa miña cámara pouco máis seguramente se poida facer, pero se pode pillar o becho noutro plano): as ás están moi desenfocadas. Amais, a foto estaría para Commons moi xusta de ruído (probablemente teña demasiado, pero tódas as fotos feitas con esta miña cámara teñen para Commons demasiado ruído, cousa que se corrixe un pouco ó reducir ó tamaño).
Para ser escollida como imaxe da semana na Galipedia a calidade da imaxe é suficiente, ¿pero ten calidade suficiente para ser escollida como imaxe miña (creo que iso é o que di Atobar)? Eu non o teño claro. Así como estou contentísimo da imaxe da araña que foi proposta e inda se pode votar, non estou totalmente contento con esta imaxe. Iso si, aclarar que só estou totalmente contento co resultado de tres das fotos das que subín nos últimos meses, a da araña, a dunha... e a dunha... (non podo nomealas por respectar unha ética colectiva que non comparto totalmente) -- Lmbuga / Conversa comigo 19:10, 7 agosto 2009 (UTC)
- Por curiosidade propuxen a imaxe en Commons (Commons:Quality images candidates/candidate list), non creo que saia aceptada, mesmo penso que se se mantén dous días sen ser rexeitada xa é un éxito-- Lmbuga / Conversa comigo 19:35, 7 agosto 2009 (UTC)
- Comentario Para levar a portada un insecto de Galicia, gustame moito máis a foto da libélula que propuxen onte a votacións, tanto pos os cores como pola postura do bicho, ainda que non se teña o nome cientifico. ElviraConversa comigo 17:33, 13 agosto 2009 (UTC)
- Comentario Certamente, estou errado. Esta foto foi considerada en Commons Imaxe de calidade e, en cambio, a da libélula que hai máis arriba non. En Commons saben máis de fotografía do que eu sei-- Lmbuga / Conversa comigo 08:19, 5 setembro 2009 (UTC)
- Comentario Tralo comentario de Xabier Cid, debería incorporar nos datos da imaxe un dato que está presente na imaxe mesma, a especie á que pertence, Commons:Category:Bombus (Thoracobombus),
procedo a facelopara que non haxa dúbidas-- Lmbuga / Conversa comigo 21:42, 5 outubro 2009 (UTC)
- Non o vou facer, mellor non tocar as palabras doutro-- Lmbuga / Conversa comigo 21:43, 5 outubro 2009 (UTC)