Wikipedia:Preguntas máis frecuentes/Lectores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Frecha. Volver á páxina de axuda.

Preguntas máis frecuentes dos lectores
Preguntas máis frecuentes | Xeral | Lectores | Administración

Como se fan as procuras na Wikipedia?[editar | editar a fonte]

Debería haber unha pequena caixa de procuras no recuncho superior dereito da pantalla, coa palabra "Procurar" en gris. Escribe o que desexes buscar nesa caixa e preme a tecla Intro.
Véxase Wikipedia:Procura para obter máis detalles.
Tamén podes empregar o Google para procurar na Wikipedia desde esta ligazón. Ás veces, poida que os índices do Google estean desactualizados, e non inclúan as últimas edicións feitas.
Algúns navegadores permiten buscar na Wikipedia mediante a súa barra de enderezos, por exemplo o Konqueror, o Firefox, o Internet Explorer 7 e mais o Google Chrome.
A medida que vaias escribindo na caixa de procuras, aparecerán algunhas suxestións. Isto pódeo facer tanto a Wikipedia como o propio navegador. Por defecto, a Wikipedia dará unha lista de suxestións baseada no texto inserido. Para desactivar isto debes ter unha conta e acceder ao sistema. Vai a Especial:Preferencias, selecciona a lapela "Opcións de procura", marca a caixa "Deshabilitar as suxestións AJAX" e preme sobre o botón "Gardar" ao final da páxina.
As suxestións AJAX poden desactivarse temporalmente se os servidores experimentan problemas de rendemento.

Cal é o acordo de licenza dos contidos da Wikipedia?[editar | editar a fonte]

Todos os artigos da Wikipedia son de contido libre e atópanse baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported (CC-BY-SA) e mais a licenza de documentación libre de GNU (GFDL).
Véxase Wikipedia:Dereitos de autoría para obter máis detalles.

Podo copiar seccións enteiras da Wikipedia no meu sitio? Canto podo citar?[editar | editar a fonte]

Podes copiar ou citar todo canto queiras, sempre que manteñas o texto baixo as licenzas CC-BY-SA ou GFDL.
Véxase Wikipedia:Dereitos de autoría para obter máis detalles.

Se ligo unha palabra desde o meu sitio cara á Wikipedia, estou obrigado a usar a licenza GFDL no meu sitio?[editar | editar a fonte]

Non. Incluír ligazóns non é un acto regulado polas leis de dereitos de autor, de modo que as licenzas CC-BY-SA e GFDL non se aplican.

Que pasa se tomo unha pequena cita (tres ou catro frases)?[editar | editar a fonte]

Non, xa que se atopa baixo a doutrina de uso lexítimo.

Que pasa se cito artigos enteiros?[editar | editar a fonte]

Simplemente pon o teu sitio baixo a licenza CC-BY-SA ou GFDL.

Como cito un artigo da Wikipedia nalgunha publicación en papel?[editar | editar a fonte]

Cítao como faría calquera outra páxina web de acordo coa práctica de citas normal que siga a publicación. Non é necesario citar os autores individuais, pero deberías incluír como mínimo a data na que visitaches o artigo (o ideal é dar a data e hora ao completo presentes no historial).
Hai dispoñibles citas xeradas automaticamente en diferentes estilos estándar a través da páxina especial Especial:Cita.

Por que os fondos dalgunhas páxinas son dunhas cores e outros son brancos?[editar | editar a fonte]

Nota: Esta resposta depende da aparencia que uses para navegar. Tes máis información sobre elas en mw:Manual:Skins (en inglés) e sobre as preferencias en m:Help:Preferences (en inglés).
As páxinas de artigos da enciclopedia (presentes no espazo de nomes principal) teñen o fondo branco, mentres que as páxinas especiais, páxinas de conversa, páxinas de usuario e do espazo de nomes do proxecto poden ter diferentes cores de fondo. O propósito é diferenciar visualmente as páxinas da enciclopedia das que non o son.

Que debo facer cando dou cun erro factual na Wikipedia?[editar | editar a fonte]

Debes corrixilo. A Wikipedia está escrita por voluntarios que cren no coñecemento libre para todos, e a comunidade está sempre preparada para dar a benvida aos novos.
Dada a natureza colaborativa do proxecto, este pode conter erros ou omisións. Isto é algo que cómpre ter claro ao lelo; o seu sistema onde calquera pode contribuír significa que non se debe confiar nel por completo. O máis habitual é que os artigos conteñan citas de obras fiables nas que o lector pode verificar a información escrita na Wikipedia.