Wikipedia:Evitar eloxios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nos artigos da Galipedia, inténtase non usar termos eloxiosos que poden desviar o obxectivo do artigo sen mostrar a información real. Adoitan reflectir unha opinión non atribuída, e non adoitan ser útiles para establecer a importancia dos temas tratados. Deben ser evitados, en especial na introdución do artigo.

Exemplos[editar a fonte]

Considerando os seguintes dous exemplos:

Fulano de Tal, Conde de Cochinchina, nado en 1602? e finado o 8 de maio de 1671, é considerado, por algunhas persoas, como a persoa máis importante que gobernou Cochinchina en tódolos tempos...
Fulano de Tal, Conde de Cochinchina, nado en 1602? e finado o 8 de maio de 1671, foi conselleiro persoal do Rei Mengano de Babia, comandante realista da Guerra dos Dez Anos, químico, poeta e gobernou Cochinchina desde 1660 ata a súa morte...

O primeiro exemplo só di que o Conde de Cochinchina foi importante. O segundo exemplo amosa ao lector por que era importante.

Palabras xeralmente evitables[editar a fonte]

Esta lista inclúe algunhas palabras que, na maioría dos contextos, pode implicar un eloxio que se debería reformular ou retirar. A súa función é soamente orientativa, non hai "palabras prohibidas" na Galipedia, e a listaxe non é pechada. Non busque palabras específicas para retiralas, analice o contexto.

  • "un importante..."
  • "un dos máis importantes..."
  • "un dos mellores..."
  • "o máis influente..."
  • "un significante..."
  • "intrigante"
  • "icónico"
  • "indiscutible"
  • "canónico"
  • "clásico"
  • "máis coñecido"
  • "eminente"
  • "talentoso"
  • "lendario"
  • "espléndido"

Estes termos non axudan a establecer a importancia dun artigo. Mostra os feitos por si mesmos. Se un xogador de fútbol, un artista, ou personaxe dunha serie de televisión é valioso para o lector, deberá estar baseado nos feitos. Insistir na súa importancia desordena a redacción e non engade nada ao artigo.

Non todo pode ser o mellor[editar a fonte]

Inclusive cos temas relativamente non importantes poden ser notables, aínda que ás veces polas razóns equivocadas: os científicos desacreditados, os vicepresidentes, os actores secundarios, as cidades apartadas, etc. Non todo é o mellor, o máis importante ou o máis influínte.

Non esconder os feitos importantes[editar a fonte]

A situación oposta é denigrar a importancia dun tema. Existen exemplos como "o Océano Pacífico é un dos océanos máis grandes do planeta" ou "a segunda guerra mundial foi unha das guerras máis importantes da historia". Os termos eloxiables poden ser evitados cando estamos mencionando un artigo acerca do quinto río máis longo do estado de Nova York; pero cando estamos mencionando o artigo do río Amazonas, entón os lectores deben ter unha idea clara da súa extensión.

Temas inapropiados[editar a fonte]

No lado oposto, se estás intentando promocionar algo que non ten cabida en Wikipedia, como o teu grupo musical, a túa páxina Web ou o teu produto, pénsao dúas veces. Wikipedia non é un medio para promocionar. Se un artigo é unha gratificación persoal ou unha publicidade descarada, non chegará moi lonxe, sen ter en conta o "importante" que se mencione no artigo.

Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]