Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Vera Zasulich
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Vera Zasulich[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 12/2/2017 - 14/3/2017
SI: 8 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 15:21 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 12-02-2017 ata o 14-03-2017.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO:Artigo completo, con imaxes ilustrativas do contido, bibliografía, ben referenciado, código qr. A redacción foi revisada coa axuda de Usuario:Unhanova, polo que non debería haber moitos erros na redacción. A protagonista do artigo tivo influencia na España do século XIX inspirando os Atentados contra Afonso XII. Ademais de sair elixido sería o cuarto artigo de calidade sobre unha muller (xa que estes días estivemos tratando o tema) --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 15:21 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 15:21 (UTC)[responder]
- Concordo. Unhanova (conversa) 15 de febreiro de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]
- Concordo. Piquito (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 22:52 (UTC)[responder]
- Concordo.--Gobraves (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 08:27 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 26 de febreiro de 2017 ás 20:09 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 28 de febreiro de 2017 ás 15:39 (UTC)[responder]
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 12:43 (UTC)[responder]
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 6 de marzo de 2017 ás 15:56 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Grazas pola proposta AMPERIO! Poderías ampliar un pouco máis a cabeceira do artigo? É moi breve, quizais unhas liñas máis non lle virían mal como resumo. Se pasan os días e non está tento facelo eu, pero moito tempo non teño e non coñezo moito (de feito non coñecía nada) a esta personalidade. Unha corrección só sobre o enunciado, de sair sería o quinto (afortunadamente), xa que hai unha proposta anterior que sairá elixida ;) Piquito (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 21:45 (UTC)[responder]
@Piquito: Se teño algo de tempo esta semana intento amplialo. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 21:48 (UTC)[responder]
- Comentario. AMPERIO, comecei a lectura do artigo e a falta de ler a sección de "Ideoloxía" coméntoche:
- Na introdución e na caixa de información fálase de Petrogrado, mais lendo o artigo a denominación pasa a ser San Petersburgo. Creo que o lóxico sería empregar Petrogrado en todo o artigo (respectando o nome da cidade na época), e poñer na cabeceira finada en Petrogrado (actual San Petersburgo) para que quen lea o artigo poida saber de que cidade se trata sen ter que sair del.
- No último parágrafo da sección "Infancia e mocidade" o artigo di que en 1968 trasladouse á capital coa súa nai. Creo que habería que especificar que cando se fala da capital refírese a Petrogrado, xa que pode que quen lea o artigo non coñeza que daquela a capital rusa era San Petersburgo
- Na sección "O atentado contra Trepov e as súas consecuencias", o primeiro parágrafo di que Trepov era Gobernador da capital, e o seguinte parágrafo redunda dicindo que era gobernador de San Petersburgo. Creo que no segundo caso non é necesario poñelo de novo, xa que dúas liñas máis arriba xa se di. Por outra banda, de manterse a redacción actual habería que ver como indicar o cargo, xa que no primeiro parágrafo gobernador está en maiúscula e no segundo en minúscula.
- Pregunta para a mesma sección: podería engadirse a tradución de Zemlia i Volia como se fai con Naradnaya Volia?
- Ao final da mesama sección indícase que Zasulich regresou a Rusia clandestinamente... Eu persoalmente pensei que nesa viaxe xa quedara no seu país, mais ao final do seguinte parágrafo puiden ver que foi unha breve visita (ou iso deduzo eu). Quizais podería engadirse algo que clarifique un pouco iso, non sei se mudar a frase por: Oposta cada vez máis ao terrorismo, visitou Rusia clandestinamente a finais do verán de 1879 e pouco despois Zemlia i Volia disolveuse polas disensións internas relativas a este.
- Na sección "Exilio e o Grupo para a Emancipación do Traballo" a frase Menos dotada que Plekhanov para a análise teórica, que Axelrod na organización dos socialistas rusos ou que Lenin no debate, achegou a súa gran sensibilidade cara a temas morais ao socialismo ruso non me soa moi ben, creo que é unha apreciación que non corresponde facer, xa que polo que di o artigo baséase principalmente en que era máis lenta que eles escribindo, o cal tampouco creo que sexa indicativo das dotes que puidera ter ou non, non sei se me explico... eu cambiaría algo a frase por algo así como Menos destacada que.... Por outra banda, na frase A combinación do talento dos tres, con todo, deu unha importancia ao Grupo desproporcionada respecto ao número dos seus compoñentes fálase de tres, que tres? Estaba Zasulich entre eles? Son tres ou catro?
- Quizais tamén estaría ben poñer algo máis sobre a súa morte, só pon Morreu en 1919, quizais a causa da morte ou se tivo algunha homenaxe... non sei.
- Non son cousas que fagan que o artigo non sexa de calidade, mais creo que si poden facer máis doada a lectura e aclarar máis o contido. En definitiva, visto o visto creo que é un bo traballo e pode ser artigo de calidade. Un saúdo, Piquito (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 22:10 (UTC)[responder]
- Comentario @Piquito:, sobre o que comentas de Petrogrado e San Petersburgo non está mal. A cidade orixinalmente chamábase San Petersburgo (como hoxe en día), porén por mor da Primeira Guerra Mundial o nome rusificouse a Petrogrado, xa que San Petersburgo soaba moi alemán. Deste modo, os sucesos que se relatan no artigo, como que Trepov era gobernador de San Petersburgo non son erróneos, pois tiveron lugar cando a cidade chamábase San Petersburgo. Porén Vera finou no que en 1919 denominábase Petrogrado (e máis adiante Leningrado durante a época soviética).
- Zemlia i Volia -> Feito! (Terra e Liberdade).
- Sobre o da capital, penso que é algo innecesario, xa que calquera que coñeza un pouco de historia sabe que durante a época dos tsares (e máis concreto desde o reinado de Pedro o Grande, San Petersburgo/Petrogado foi a capital), porén deixei unha ligazón
[[San Petersburgo|capital]]
para os despistados. - Sobre a redundancia de Trepov -> Feito! eliminei a segunda referencia a cidade.
- Sobre o exilio, a frase dí: A finais de maio, abandonou Rusia para instalarse en Suíza acompañada dun veterano revolucionario. creo que queda claro que saíu de Rusia.
- Sobre se era lenta ou deixaba de selo, non é unha apreciación que estea realizando eu. A frase de que era lenta nas súas obras está referenciada dúas veces. A que a compara con Plekhanov, Axelrod e Lenin ten outra referencia cando dí A combinación do talento dos tres, con todo, deu unha importancia ao Grupo desproporcionada respecto ao número dos seus compoñentes. Evidentemente se refire a Plekhanov, Axelrod e Lenin con a combinación do talento dos tres.
- Sobre a morte, Zasulich non creou unha doutrina asociada ao seu nome, non creou partido propio nin tivo seguidores, sendo considerada unha figura menor dentro do movemento revolucionario ruso, foi unha figura menor do movemento revolucionario, non acabou moi ben con Lenin como se pode ler en Ideoloxía ao opoñerse a Revolución de Outubro, polo que dificilmente puido ter unha homenaxe. Se atopo algo máis que poida engadirse sobre a súa morte irá ao artigo, máis penso que pouco máis haberá. Grazas por ler o artigo e polos teus comentarios. Unha aperta. --AMPERIO (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 22:53 (UTC)[responder]