Wikipedia:Artigo destacado/xaneiro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Encoro das Tres Gargantas (en chinés, 长江三峡大坝) é un encoro no río Yangtzé en Sandouping, na provincia de Hubei, China. É un dos máis grandes encoros do mundo e, con 22.500 megawatts de enerxía hidroeléctrica instalada, desprazou neste eido do liderado mundial ao encoro de Itaipú no Brasil. Rematouse o 30 de outubro de 2008. O encoro construíuse para o control das inundacións, o regadío das terras próximas e a produción de electricidade. Porén, non se fixo sen problemas. Cubriu moitos lugares históricos e provocou o asolagamento dos fogares de 1.240.000 persoas. A súa cola chega case ata a cidade de Chongqing, 660 km río arriba.