Wikipedia:Artigo destacado/marzo 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En España, o nacemento da lexislación contra o tabaco data de finais da década dos setenta. Desde que a mediados dos ano cincuenta do pasado século se publicaron os primeiros estudos que establecían unha relación directa entre o consumo de tabaco e o cancro de pulmón, o tabaquismo comezou a considerarse un problema de saúde pública que esixía unha regulación legal dos produtos do tabaco, entendendo como tales calquera produto destinado a ser fumado, inhalado, chupado ou mastigado constituído, aínda que sexa só en parte, por tabaco. Co paso do tempo e trala confirmación daquelas sospeitas, as organizacións sanitarias internacionais, comezando pola OMS, elaboraron propostas e acordos que recomendaban ós estados membros a adopción de medidas de control e restrición, incluíndo medidas reguladoras dentro da lexislación de cada país.