White Collar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
White Collar
White Collar 2009 logo.svg
Logo de White Collar.
Xénero Procedimental policíaco
Comedia dramática
Creado por Jeff Eastin
Intérpretes Matt Bomer
Tim DeKay
Willie Garson
Marsha Thomason
Tiffani Thiessen
Hilarie Burton
Sharif Atkins
Natalie Morales
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s) Inglés
Número de temporadas 4
Episodios 56
Produción
Produtor(es) executivo(s) Jeff Eastin
Localización(s) Nova York
Cámara Multicámara
Duración 42 minutos
Distribuidor Fox Television Studios
Jeff Eastin and Warrior George Productions
Emisión orixinal
Canle de orixe USA Network
Formato de imaxe 1080i (HDTV)
Formato de son Dolby Digital 5.1
Emisión 23 de outubro de 2009 – presente
Ligazóns externas
Páxina web

White Collar é unha serie de televisión do canal estadounidense USA Network creada por Jeff Eastin e protagonizada por Matt Bomer como o convicto Neal Caffrey e Tim Dekay como o axente especial Peter Burke. Emitiuse por primeira vez o 23 de outubro de 2009. En decembro de 2009, White Collar foi renovada por unha segunda temporada que comezou o 13 de xullo do 2010. O 27 de setembro do 2010, a USA Network renovou a serie por unha terceira temporada que constou de 16 episodios, e que comezaron a emitirse o 7 de xuño de 2011.[1] A serie foi renovada por unha cuarta temporada o 25 de agosto de 2011, que se estreou o 10 de xullo do 2012.[2][3] O 25 de setembro, a serie foi renovada por unha quinta temporada que doutros 16 episodios.[4]

Argumento[editar | editar a fonte]

Neal Caffrey, un convicto, falsificador e ladrón, é capturado tras escapar durante tres anos do FBI. Faltándolle só uns meses para terminar de cumprir unha condena de catro anos, escapa dunha prisión federal de máxima seguridade para atoparse con Kate, a súa moza. Peter Burke, o axente do FBI que inicialmente capturou a Caffrey, atópao e lévao de volta ao cárcere. Esta vez, Caffrey dálle a Burke información sobre probas atopadas doutro caso, pero a cambio desta información pídelle que teña unha reunión con el. Neste encontro, Caffrey proponlle un trato: el axudaríalle a coller a outros criminais sempre e cando que se lle concedera o terceiro grao. A través da captura exitosa de varios ladróns de guante branco, Caffrey demóstralle a Burke que ten verdadeira intención de axudarlle e que non tratará de escapar outra vez. Este é o comezo dunha asociación pouco convencional, pero que resultará ser exitosa.

Protagonistas[editar | editar a fonte]

  • Matt Bomer é Neal Caffrey. Un experto falsificador e ladrón que foi metido ó cárcere tras ser capturado polo axente especial Peter Burke. Neal escapa de prisión co fin de atopar á súa moza, pero volve ser capturado rapidamente por Peter. Neal propón convertirse no consultor do FBI, quedando libre ca condición de que leve unha tobilleira localizadora para poder monitorizar os seus movementos. Neal ten un considerable coñecemento sobre historia, xoias, viño e arte; tales coma literatura, pinturas occidentais, teatro e ópera. Porén, na segunda temporada desvélase que nunca se chegou a graduar. A pesar de ter tido a oportunidade de forxarse unha vida honesta, a miúdo bota de menos a antiga, o que fai que teña que elixir continuamente entre unha e outra.
  • Tim DeKay é o axente especial Peter Burke. Unha persoa traballadora e un axente honesto do FBI, é o xefe do equipo de investigación no que Neal traballa. A súa capacidade de predecir as accións de Neal permite a captura deste, unha habilidade que emprega tamén con outros criminais. Está moi comprometido co seu matrimonio e gústalle a súa vida doméstica. Peter é a persoa na que Neal confía máis, e por iso está decidido a convencelo de que unha vida honesta é posible.
  • Tiffani Thiessen é Elizabeth Burke. Unha organizadora de eventos e a muller de Peter. Sempre se mostra comprensiva co traballo do seu marido, que conleva estar moitas horas fóra da casa, e supón un gran apoio para el. Coa súa intelixencia, Elizabeth adoita comentar con Peter os seus casos policiais, e ás veces fai unha gran aportación para poder resolvelos. Por outra parte, admira o refinamento de Neal, e tende a ver o bo que hai nel cando Peter non é capaz de facelo.
  • Willie Garson é Mozzie. Outro estafador e íntimo amigo de Neal. Mozzie, máis coñecido como Moz, é o máis leal confidente de Neal. Abandonado cando só era un bebé, creceu nun orfanato de Detroit, onde rapidamente aprendeu a ser un estafador. A pesar de carecer do don de xentes que ten Neal, resulta ser un as en todo tipo de negocios e ten unha memoria eidética. Mozzie criouse en casas de acollida. Pasa por unha época na que lle costa confiar en Peter, e polo tanto chámalle "The Suit" ( O traxeado.), pero aínda así ás veces axúdalle coas súas investigacións. Tamén é un teórico da conspiración, ata tal punto que o só feito de poñer un pé nas oficinas do FBI dálle auténtico pánico.
  • Hilarie Burton é Sara Ellis. Investigadora dunha compañía de seguros que testifica contra Neal cando éste está nun xuízo por roubar un cadro de Rafael. Aínda que nun principio está decidida a atrapar a Neal para volvelo meter ao cárcere, ao final gústalle traballar con el. Ademais, tamén axuda na investigación da caixa de música. Durante esta investigación, ela e Neal comezan a saír xuntos, pero a relación complícase coa chegada de Alex.( unha amiga do pasado e ex-amante de Neal )
  • Marsha Thomason é a axente especial Diana Berrigan. Antes axente en período de proba a cargo de Peter, Diana asiste ao primeiro caso de Peter e Neal xuntos. Transferida ao Washington D.C. tras terminar o seu período de proba, máis tarde regresa ao equipo de investigación de Nova York.
  • Sharif Atkins é o axente especial Clinton Jones. Home de confianza de Peter, é o responsable de levar a cabo varias tarefas, tales como montar dispositivos de vixiancia, durante as investigacións do equipo. Tanto el coma a axente Berrigan son a man dereita do axente especial Burke. A miúdo, o seu xefe ordéalle que vixíe a Neal, e eso fastídialle moito. A pesar do traballo que Neal lle supón, agradece as súas contribucións ao equipo, aínda que éstas sexan pouco ortodoxas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: White Collar

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]