Webcam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Webcam
Webcam suxeita á pantalla dun portátil

Unha cámara web ou webcam é unha pequena cámara dixital conectada a un ordenador, a cal pode capturar imaxes e transmitilas a través de Internet en directo, xa sexa a unha páxina web ou a outra ou outras computadoras en forma privada.

Características[editar | editar a fonte]

As webcam necesitan un ordenador para transmitir as imaxes. Con todo, existen outras cámaras autónomas que tan só necesitan un punto de acceso á rede informática, ben sexa Ethernet ou inalámbrico. Para diferencialas das webcams denomínanse netcams ou cámaras de rede.

Tamén son moi utilizadas no chat como o Messenger, Yahoo!, etc. Polo xeral pode transmitir imaxes en vivo, pero tamén pode capturar imaxes ou pequenos vídeos (dependendo do programa da webcam) que poden ser gravados e transmidos por Internet.

Tecnoloxía[editar | editar a fonte]

As webcams normalmente están formadas por unha lente, un sensor de imaxe e a circuitería necesaria para manexalos.

Existen distintos tipos de lentes, sendo as lentes plásticas as máis comúns. Os sensores de imaxe poden ser CCD (charge coupled device) ou CMOS (complementary metal oxide semicondutor). Este último adoita ser o habitual en cámaras de baixo custo. As webcams para usuarios medios adoitan ofrecer unha resolución VGA (640x480) cunha taxa duns 30 frames por segundo, aínda que na actualidade ofrécense unhas resolucións medias de 1 - 1,3 Mpx.

Software[editar | editar a fonte]

A instalación básica dunha webcam consiste nunha cámara dixital conectada a unha computadora, normalmente a través do porto USB. O que realmente lle dá o nome de webcam é o software que a acompaña.

O software da webcam toma un frame da cámara cada certo tempo e envíaa a outro punto para ser visualizada. Se o que se pretende é utilizar esas imaxes para construír un video, de calidade sen saltos de imaxe, necesitarase que a webcam alcance unha taxa duns 28 - 30 fps.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Webcam

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]