Voz del Pueblo (A Estrada)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Voz del Pueblo.
Voz del Pueblo | |
---|---|
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | A Estrada |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Voz del Pueblo foi un periódico semanal editado na Estrada entre 1906 e 1908.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico defensor de los intereses de la comarca, apareceu en novembro de 1906.[1]. Era un semanario riestrista, isto é partidario do Marqués de Riestra que mantivo un enfrontamento coa outra facción do riestrismo da Estrada, representada por El Estradense. O periódico estaba patrocinado por Faustino Ulloa Estévez, Miguel Nine (deputado provincial), Faustino Valenzuela, Gumersindo Otero García e José Otero Carbia (alcalde da Estrada). Editábase na imprenta que estaba na vivenda propiedade de José Otero Carbia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Correo de Galicia, 22-11-1906, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Olimpio Arca (18/11/2006). "As primeiras cabeceiras de prensa local da Estrada cumpren un século" La Voz de Galicia.
- Exemplares