Voo 607-E de KLM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 607-E de KLM
O avión accidentado
Resumo
Data  14 de agosto de 1958
Causa  indeterminada
Lugar  océano Atlántico
Coordenadas  Coordenadas: 53°12′30″N 11°53′00″O / 53.2083, -11.8833
Finados  99
Aeronave
Tipo de aeronave Lockheed L-1049 Super Constellation
Operador  KLM
Rexistro  PH-LKM
Pasaxeiros  91
Tripulación  8
Superviventes  0

O voo 607-E de KLM era un servizo internacional operado por un Lockheed Super Constellation bautizado Hugo de Groot e con rexistro PH-LKM. O día 14 de agosto de 1958 o avión esnafrouse a 180 quilómetros ao oeste de Shannon, Irlanda. Os 91 pasaxeiros e 8 tripulantes morreron no accidente, incluídos seis membros do equipo exipcio de esgrima.[1] O "E" no número de voo representaba a designación de ser un voo de clase extra económica para satisfacer o aumento da demanda estacional de turistas.[2]

O voo 607-E engalou de Shannon ás 3:05 UTC na segunda parte dunha viaxe transatlántica dende Ámsterdam at Nova York con escalas en Shannon e Gander. O contacto de radio co avión perdeuse sobre as 3:40 UTC; iniciouse unha operación de rescate que atopou algúns restos na superficie do océano a uns 180 quilómetros ao oeste de Shannon. Recuperáronse tamén os restos de 34 dos ocupantes do avión.

Debido á falta de probas, os investigadores irlandeses e neerlandeses non puideron indentificar a causa probable do accidente. Examinaron a posibilidade dunha bomba, fallo eléctrico ou erro do piloto, pero creron que foi máis probable un fallo mecánico catastrófico. A causa do accidente crese que foi o mal funcionamento da hélice con exceso de velocidade provocada por partículas metálicas que obstruían as válvulas reguladoras da liña de alimentación de combustible. As partículas puideron formarse por unha engrenaxe que se dañou cando se acelerou o sobrealimentador do motor correspondente. Os fallos de funcionamento no paso da hélice puido provocar unha perturbación de voo e, como consecuencia, a hélice puido terse cortado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sports tragedies". The San Diego Union-Tribune. Archived from the original on 19 de outubro de 2006. Consultado o 2018-12-24. 
  2. "Tragedy for Homeward-Bound Vacationers". Life. Time Inc. 25 de agosto de 1958