Voo 152 de Garuda Indonesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 152 de Garuda Indonesia
Un A300 semellante ao do accidente
Resumo
Data  26 de setembro de 1997
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  preto de Pancur Batu,
Deli Serdang
Coordenadas  Coordenadas: 3°15′53″N 98°40′48″L / 3.26472222, 98.68
Finados  234 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A300B4
Operador  Garuda Indonesia
Rexistro  PK-GAI
Pasaxeiros  222
Tripulación  12
Superviventes  0

O voo 152 de Garuda Indonesia era un voo regular doméstico entre o Aeroporto Internacional Soekarno-Hatta en Iacarta e o Aeroporto Internacional de Polonia en Medan, realizado por un Airbus A300B4 con rexistro PK-GAI e operado por Garuda Indonesia.

O 26 de setembro de 1997 o voo 152, pilotado por Rahmo Wiyogo, un piloto de 42 anos con máis de 20 de experiencia en Garuda e máis de 12 000 horas de voo, e o primeiro oficial Tata Zuwaldi, ex-enxeñeiro de voos que recentemente se converteu en piloto, esnafrouse nuns bosques montañosos a 48 km de Medan en condicións de baixa visibilidade causadas pola brétema no sueste asíático de 1997. Os 234 pasaxeiros e tripulantes a bordo do avión morreron no desastre. O lugar do impacto estaba nun barranco preto da vila de Buah Nabar, no distrito de Sibolangit ao sur de Medan.

O voo 152 é o peor accidente cun único avión ocorrido en Indonesia e foi o accidente aéreo con máis mortes no ano 1997.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A300B4-220 PK-GAI Medan-Polonia Airport (MES)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-09-25.