Volodymyr Dakhno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVolodymyr Dakhno
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1932 Editar o valor em Wikidata
Zaporizhzhia (República Socialista Soviética de Ucraína) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 2006 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Kíiv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério de Baikove (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Ucraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónKyiv National University of Construction and Architecture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCinema de animación Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , guionista , animador , guionista de cinema Editar o valor em Wikidata
EmpregadorKievnauchfilm (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm3005461 Find a Grave: 147793881 Editar o valor em Wikidata

Vladymyr Dakhno (en ruso: Владимир Авксентеевич Дахно), nado en Zaporizhia o 7 de marzo de 1932 e finado en Kíiv o 28 de xullo de 2006, foi un animador, director de cine de animación e guionista ucraíno.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dakhno naceu o 7 de marzo de 1932 en Zaporozhye, URSS. Despois da escola ingresou no Instituto Médico de Kíiv. Case de inmediato, trasladouse ó Instituto de Enxeñaría Civil de Kíiv, onde estudou na clase de Joseph Karakis, graduándose en 1955.[2]

Comezou a súa carreira como arquitecto en Kíiv antes de ser invitado a traballar en Kievnauchfilm.

Foi galardoado co Premio Nacional Shevchenko de Ucraína en 1988, e foi Artista do Pobo de Ucraína en 1996.[3] Dakhno foi máis coñecido pola serie de animación Cosacos (Казаки). Traballou en Kievnauchfilm, que dende entón foi rebautizado como Ukranimafilm.

Retirouse na década de 1990 despois da desintegración da Unión Soviética e o peche da produtora cinematográfica.

O 28 de xullo de 2006, Dakhno morreu dun ataque ó corazón mentres durmía na súa casa de Kíiv. Está enterrado no cemiterio de Baikove.[4]

O 7 de marzo de 2013 Google liberou un Doodle na memoria de Dakhno.[5]

Películas[editar | editar a fonte]

YAnoear Título orixinal Tradución ó galego
1967 «Як козаки куліш варили» Como cociñaban os cosacos o Kulish
1969 «Як козаки щастя шукав» Como buscaban os cosacos a felicidade
1970 «Як козаки у футбол грали» Como xogaban ó fútbol os cosacos
1973 «Як козаки наречених визволяли» Como liberaron ás noivas os cosacos
1975 «Як козаки сіль купували» Como mercaron sal os cosacos
1978 «Як козаки олімпійцями стали» Como se converteron en olímpicos os cosacos
1979 «Як козаки мушкетерам допомагали» Como axudaron ós mosqueteiros os cosacos
1984 «Як козаки на весіллі гуляли» Como desfrutaron na voda os cosacos
1987 «Як козаки інопланетян зустрічали» Como coñeceron ós extraterrestres os cosacos
1995 «Як козаки у хокей грали» Como xogaban ó hóckey os cosacos

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Юнаков, О. (2016). Архитектор Иосиф Каракис (en ruso). Алмаз. ISBN 978-1-68082-000-3. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]