Vivien Thomas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vivien Theodore Thomas, nado en New Iberia o 29 de agosto de 1910 e finado o 26 de novembro de 1985, foi un técnico cirúrxico afroamericano coñecido por desenvolver os procedementos para o tratamento da síndrome do bebé azul .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun carpinteiro que se fixera un nome na súa localidade natal e en Nashville, onde se mudara a familia en 1912 e conseguería unha situación económica desafogada. Tras rematar o instituto comezou a preparar os estudos de medicina pero a perda dos seus aforros pola crise de 1929 impediulle seguir esta a súa vocación pero atopou traballo en xaneiro 1930 [1] no laboratorio de experimentación animal da Universidade Vanderbilt baixo a dirección de Alfred Blalock, realizando operacións con animais e converténdose no seu axudante e pasando con el en 1941 ao laboratorio da Universidade John Hopkins ao ser seleccionado como xefe de cirurxía desa universidade, xunto con Blalock e a cardióloga pedriática Helen Taussig formou un equipo que desenvolveu o procedemento para corrixir a síndrome do bebé azul, un defecto conxénito do corazón. A primeira operación realizouse o 29 de novembro de 1944, a unha nena de 14 anos e foi un éxito, os consellos feitos por Thomas tirados das máis de 300 operacións, con técnicas pioneiras e anovadoras[2], que realizara en cans foron decisivos no éxito da operación [3], tamén adestrou a cicurxiáns ben coñecidos mundialmente como Denton Cooley mais por prexuízos raciais non se recoñeceu o seu traballo [4], e a técnica deuse a coñecer como shunt Blalock-Taussig. Thomas continuou a traballar no laboratorio da universidade. En 1976 recibiu un doutorado honorífico en dereito da Universidade John Hopkins, xa que por cuestións burocráticos non llo puideron dar en medicina, e foi recoñecido oficialmente como instrutor de cirurxía da facultade de medicina. A súa autobiografía Partners of the heart: Vivien Thomas and his work with Alfred Blalock publicouse poucos días despois do seu pasamento. No ano 2004 a canle HBO realizou o telefilme baseado na súa vida "Something the Lord Made


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Medical Archives of The Johns Hopkins
  2. Damon M. Kennedy In Search of Vivien Thomas Tex Heart Inst J. 2005; 32(4): 477–478
  3. Vivien Thomas, The Balmore Sun, 8 de febreiro de 2007
  4. The Vivien Thomas Fund

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]