Vincenzo Peruggia
Vincenzo Peruggia, nado en Dumenza o 11 de outubro de 1881, finado en Annemasse o 8 de outubro de 1925, foi un ladrón de arte que roubou a Mona Lisa, feito coñecido como o "Roubo do Século" pola prensa da época.
Índice |
O Roubo [editar]
En 1911 Vincenzo Perugia perpetrou o que foi considerado o roubo máis grande de arte do século XX. O antigo empregado do Museo do Louvre entrou no museo o 21 de agosto de 1911 e notando que o salón no cal se encontraba exhibida a Mona Lisa non tiña vixiantes nin visitantes, descolgou a pintura da parede, quitoulle o marco e simplemente saíu do museo camiñando coa pintura baixo o brazo.
Vincenzo escondeu a pintura no seu apartamento en Florencia, en Italia. Supostamente, ao chegar a policía ao lugar para facer as investigacións correspondentes, asináronse documentos encima do lenzo, xa que este estaba escondido baixo o mantel da mesa da cociña.
Despois de ocultar a pintura no seu apartamento durante dous anos, Peruggia impacientouse e finalmente foi atrapado ao tratar de vendela en Florencia a un traficante de arte.
Tras ser recuperada, a pintura foi exhibida por toda Italia e finalmente devolvida ao Museo do Louvre en 1913.
Motivos [editar]
Os herdeiros de Vincenzo alegan que o roubo se fixo por razóns patrióticas: Vincenzo quería traer a pintura de regreso a Italia despois de ser roubada por Napoleón. Aínda que realmente quizais pensara iso, o certo é que Leonardo da Vinci levoulle esta pintura como regalo ao rei Francisco I cando este o chamou para que fora pintor da súa corte.
Levado a xuízo, a corte aceptou que Peruggia cometera o delito por razóns patrióticas e enviouno ao cárcere un ano e quince días.
O roubo puido ser planeado por Eduardo Valfierno, un cómplice que se xuntara co falsificador francés de arte Yves Chaudron, para facer copias da pintura e vendelas como orixinais.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Roy McMullen (1975). Mona Lisa: The Picture and the Myth. ISBN 0395207347.
- Martin Caparros (2004). Valfierno. ISBN 950-49-1304-0.