Saltar ao contido

Vilarchán, Tourón, Ponte Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vilarchán

Igrexa de San Miguel.
ParroquiaTourón
ConcelloPonte Caldelas
Coordenadas42°24′42″N 8°33′51″O / 42.411569, -8.5642981
Poboación326 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Vilarchán é un lugar da parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 326 habitantes (158 homes e 168 mulleres). Localízase a carón do alto do Pé da Moa (595 m).

Patrimonio

Entre os seus edificios destaca a capela románica de San Miguel, do ano 1160. Ten un espazo de terreo que facía antigamente de camposanto utilizado mesmo polos veciños de Caroi (Cerdedo-Cotobade).

As súas festas celébranse na derradeira fin de semana do mes de xullo, na honra da súa patroa, a Virxe dos Remedios de Vilarchán.

Conta tamén cunha antiga e restaurada Casa da Sociedadade, construída polos habitantes de Vilarchán, e tamén das aldeas dos arredores (Contixe, Mirón e A Reigosa). Despois da guerra civil foi requisada polas autoridades franquistas e convertida en Casa-Escola de ensino primario. Na transición, xa en estado ruinoso, foi devolta á poboación. Foi reconstruída polos lugares e aldeas da parroquia que participaran na súa construción (agás A Reigosa, que renunciou), e na actualidade funciona como Casa do Pobo de Vilarchán, Mirón e Contixe.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Tourón

Lugares da parroquia de Tourón no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra)

Buchabade | Contixe | Mirón | A Reigosa | Tourón | Vilarchán

Parroquias de Ponte Caldelas

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponte Caldelas

Anceu (Santo André) | Caritel (Santa María) | Castro Barbudo (Santa María) | Forzáns (San Fiz) | A Insua (Santa Mariña) | Ponte Caldelas (Santa Eulalia) | Taboadelo (Santiago) | Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño)

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas