Viktor Amazaspovich Ambartsumian
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Viktor Amazaspovich Ambartsumian, Վիկտոր Համբարձումյան en armenio, ou Виктор Амазаспович Амбарцумян en ruso, nado en Tiflis en 1908 e finado en 1996, foi un astrónomo armenio.
Traxectoria[editar]
Nacido en Xeorxia, despois da súa graduación en Leningrado estudou con Aristarkh Apollonovich Belopolsky no Observatorio de Pulkovo entre 1928 e 1931.
Presidente da Academia Armenia de Ciencias (1947-1993), fundador e director do Observatorio Biurakan, en Armenia (1946-1987). Foi un dos pioneiros da astrofísica teórica. Traballou na cosmogonía de estrelas e galaxias, dinámicas estelares e nebulas gasosas. En 1947 descubriu a asociación estelar. Presidente da Unión Astronómica Internacional(1961-1964) e do Consello Internacional de Unión Científicas (1970-1974).
O asteroide 1905 Ambartsumian leva o seu nome.