Victorino Nieto Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictorino Nieto Rodríguez
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Vilaverde da Abadía, España Editar o valor em Wikidata
Morte2000 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Victorino Nieto Rodríguez, nado en Vilaverde da Abadía (Carracedelo) en 1911 e finado en México en 2000,[1] foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anarcosindicalista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combateu en Asturias e trala caída da fronte chegou á comarca de Casaio a finais de 1937 con Marcelino de la Parra Casas, Manuel Girón Bazán e o seu curmán Leopoldo Nieto Martínez. Estivo activo na zona do Bierzo en 1940 e despois participou no congreso de Ferradillo. En outubro de 1943 a súa compañeira Alpidia García Moral uniuse ao grupo despois de que a súa casa, onde se agochaban Edelmiro Alonso García e Manuel Gutiérrez Alba, fose asaltada pola Garda Civil. Foi, con Abelardo Macías Fernández, responsable dunha das catro guerrillas constituían a I Agrupación en outubro de 1944, que actuaba no triángulo formado polas estradas Ponferrada-Lugo, Ponferrada-Ourense e o límite da provincia de Lugo. O grupo contaba con oito membros nesas datas. O seu irmán Severino, que era oficial de enlace, foi asasinado o 21 de febreiro de 1946 xunto con Rafael Verdial.[2] En 1948, despois de negarse a integrarse no Exército Guerrilleiro de Galicia de tendencia comunista, continuou a loita guerrilleira de forma independente. O 17 de marzo de 1949 o seu grupo foi sorprendido en Vilasinde (A Veiga de Valcarce). No enfrontamento morreu a súa compañeira Alpidia Morán, Abelardo Macías e Hilario Álvarez Méndez. Victorino e Oliveros Fernández Armada lograron fuxir. Logrou cruzar a Francia desde onde marchou a México.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Crónica de León, 10-12-2000, p. 24.
  2. Orden de la Comandancia del 19 de enero de 1948. Dado, León

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]