Vichyssoise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vichyssoise servida fría en cunca.

A vichyssoise ([ˌˈvɪʃiˌˈswɑz],[1] comunmente mal pronuncia como [viːʃiːˈswɑː]) é unha sopa internacionalmente coñecida, e que é unha variante dunha receita tradicional da cociña francesa. Esta sopa é unha crema fría salgada elaborada con porro, cebola, pataca, leite e nata. Sérvese tipicamente fría[2] nunha cunca ou prato fondo.


A nacionalidade culinaria da vichyssoise discútese desde hai case un século, para determinar se esta innovación gastronómica é francesa ou estadounidense.[3] O crédito do descubrimento do prato atribúese a Louis Diat, un cociñeiro francés do Ritz-Carlton de Nova York durante a Primeira Guerra Mundial. Diat recordou os pasos da súa invención para o diario New Yorker en 1950:

No verán de 1917, cando levaba xa sete anos no Ritz, reflexionei sobre a sopa de porro e pataca da miña infancia, que miña nai e miña avoa acostumaban facer. Recordei como, durante o verán, meu irmán maior e eu arrefriámola vertendo nela leite frío, e o ben que sabía. Decidín facer algo deste tipo para os patróns do Ritz.”.[4]

O mesmo artigo explica que a sopa foi denominada nos seus comezos crème vichyssoise glacée, e posteriormente o menú do restaurante cambiouse do francés ao inglés no ano 1930, como cream vichyssoise glacée. Para dar á sopa un nome coñecido, Diat escolleu o da cidade de Vichy, que se encontra non moi lonxe do seu pobo natal, Montmarault.

Outros chefs franceses asígnanse o crédito da súa invención, como o chef Jules Gouffe, que di ter sido o primeiro en cociñala, publicando a súa receita no Royal Cookery (1869).

Notas[editar | editar a fonte]