Vicente López Ramos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1890 |
Morte | 1 de xullo de 1951 (60/61 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Familia | |
Fillos | Rodolfo López-Veiga Ponte |
Notes |
Vicente López Ramos, coñecido tamén como Vicente López-Veiga Ramos, nado cara a 1890 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1951, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estivo emigrado en Cuba. En 1929 retornou coa familia a Santiago de Compostela. Rexentou unha paquetería e camisería na praza de Cervantes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, estivo en prisión e foi procesado por masón. Finou en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1951.[1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Manuela Ponte Martínez e foi pai de Rodolfo e Aida López-Veiga Ponte.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Correo Gallego, 1-7-1951, p. 5.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vicente López Ramos na páxina web Nomes e Voces.