Vicente Guillén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Guillén
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xuño de 1941 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJulio Guillén Biel Editar o valor em Wikidata

Vicente Guillén Biel, nado en Coruxo (Vigo) o 19 de setembro de 1912 e finado en Pontevedra o 18 de xuño de 1941, foi un guerrilleiro antfranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Electricista en Coruxo. En 1935 foi procesado en Vigo por lesións, aínda que foi absolto por ser en lexítima defensa.[1] Afiliado ao Ateneo Libertario de Lavadores, foi detido o 23 de maio de 1936 polo asalto ao Centro das Juventudes Católicas de Comesaña. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, aproveitando o traslado a outro penal, logrou fuxir. Chamado a filas coa súa quinta en agosto, non se presentou e fuxiu ao monte. Liderou unha partida de fuxidos. Participou co seu irmán Julio Guillén Biel no grupo de Rogelio García Morales. Realizaron varios asaltos na comarca de Vigo con Vicente disfrazado de falanxista ou militar. O 13 de xullo de 1937, nun enfrontamento coas forzas dedicadas a perseguir os fuxidos no monte dos Valos (Redondela), abatiu ao cabo falanxista Celestino González Mouriño.[2] Xulgado en Vigo en 1937 por rebelión militar foi declarado en rebeldía.[3] O 6 de xuño de 1939 entrevistouse co gobernador civil Manuel Gómez Cantos que se achegou ao seu domicilio para xestionar a súa presentación.[4] Guillén desconfíou, non se presentou e volveu ao monte.[5] Finalmente foi detido ese ano. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 10 de marzo de 1941 na causa 952/1939 xunto con Eugenio González Fernández, foi condenado a pena de morte. Foi executado nos diques de Monteporreiro de Pontevedra. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1941,[6] e foi condenado polo Xulgado de Responsabilidades Políticas ao pago de 100 pesetas de multa en 1943.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 17-9-1935, p. 14.
  2. El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 8.
  3. Requisitoria en El Pueblo Gallego, 8-8-1937, p. 4.
  4. El Pueblo Gallego, 7-6-1939, p. 6.
  5. O virreinado de "papá Manuel" (1).
  6. El Compostelano, 12-9-1941, p. 2.
  7. BOE, 5-11-1943, p. 3882 .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]