Viño de Cabo Verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viñas no Pico do Fogo, Cabo Verde.

O viño de Cabo Verde é un dos viños máis próximos ao ecuador. A produción limítase á Illa do Fogo, en Chã das Caldeiras, ao pé do Pico do Fogo, un estratovolcán que entrou por última vez en erupción en 1995.

Historia[editar | editar a fonte]

Vinho de Fogo 2013

É un viño novo, que ten 120 anos de tradición vitivinícola. Os primeiros viños foron producidos para a exportación no Brasil e Guinea Bissau, que era entón unha colonia portuguesa como Cabo Verde. A etiquetaxe dos viños Chã (etiqueta vermella) é feita pola Associação dos Agricultores de Chã coa axuda da Unión Europea. É comercializado baixo o nome de Vinho de Fogo.

Produción e comercialización[editar | editar a fonte]

Barricas nunha adega de Chã das Caldeiras

No 2006, a Assosiaçao dos Agricultores de Chã con 100.000 quilogramos de uvas, producía 40.000 caixas de viño (12 botellas cada caixa), no 2008, a colleita foi de 72.000 quilogramos de uva, o que corresponde a 55 000 botellas de 0,75 litros.

A demanda é tal que o viño tinto non é envellecido durante un tempo considerábel. Tódolos viños son consumidos ou vendidos localmente.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fogo: Mais uva e unidades de transformação de frutas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 01 de xuño de 2014.