Viño de Casaquistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Viño de Casaquistán é o viño feito en Casaquistán. As orixes da industria vinícola casaca remóntanse ao século VII, cando chegaron á rexión as primeiras cepas de vide procedentes dos países veciños China e Uzbequistán. Aínda que só un 4% da superficie de Casaquistán é ideal para a viticultura, a produción anual de viño alcanza os 236.000 hectolitros a partir dun terreo cultivado de 13.000 hectáreas.[1] Impulsado pola súa riqueza mineral, o país converteuse nun entusiasta consumidor de viño, pero aínda debe importar o 80% do seu consumo de 30 millóns de botellas ao ano.

Historia[editar | editar a fonte]

Primitiva botella de viño casaco.

A evidencia máis antiga da viticultura en Casaquistán data do século VII da nosa era e foi atopada nos arredores de Shymkent e ao pé dos outeiros de Tian Shan, na provincia de Almaty preto da fronteira con Quirguicistán. Se pensa que os viños foron introducidos na zona por comerciantes procedentes da provincia chinesa de Xinjiang e das provincias de Fergana e Samarcanda, en Uzbequistán.

Ao longo da historia casaca, a produción do viño mantívose en pequena escala e para o consumo doméstico. A comezos do século XX as adegas de Almaty, Shymkent e Taraz, de propiedade e control gobernamental eran as maiores produtoras. Tras a disolución da Unión Soviética, aumentou de novo o interese polo viño casaco e Rusia converteuse nun dos principais socios comerciais de Casaquistán no comercio do viño.

En xeral, prodúcese un viño de mesa alcanzábel, aínda que a ONU considera que o clima continental podrecía ser apropiada para a produción dun viño de xeo de alto valor.[2]

Tipos de uva[editar | editar a fonte]

Ata o momento, a industria casaca do viño estivo enfocada á produción de viños doces. Cultívanse máis de 40 variedades de uva aínda que máis da metade están destinadas a uva de mesa antes que á produción de viño. As máis populares variedades de uva de viño inclúen Aligoté, Aleatico, Cabernet Franc, Cabernet Sauvignon, Pinot noir, Riesling, Rkatsiteli, Saperavi, Muscat Ottonel, Bayan Shirey, Kuljinski, Maiski Cherny e Rubinovy Magaracha. Ultimamente aumentou o interese na plantación de variedades internacionais como Sauvignon Blanc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. Robinson (ed) "The Oxford Companion to Wine" Third Edition pg 380-381 Oxford University Press 2006 ISBN 0-19-860990-6
  2. United Nations Development Programme; Government of the Republic of Kazakhstan (23-02-2005). "In situ Conservation of Kazakhstan’s Mountain Agro-biodiversity" (PDF). http://www.gefweb.org/Documents/Project_Proposals_for_Endorsem/Kazakhstan_-_In-Situ_Conservation_Mountain_AgroBD.pdf. Consultado o 21-06-2007.