Vera Tiesler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVera Tiesler
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Frankfurt, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioarqueologia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarqueóloga , científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma do Iucatán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2863728 Editar o valor em Wikidata

Vera Ingrid Gudrun Janine Tiesler, nada en Frankfurt o 2 de setembro de 1965, é unha catedrática da Universidade Autónoma do Iucatán, académica e investigadora de orixe alemá, radicada en México. É especialista en Antropoloxía Esquelética, Particularmente en estudos da cultura maia, actual e ancestral.[1][2]

Adscrita ó Sistema Nacional de Investigadores, a doutora Tiesler posúe un doutoramento en antropoloxía pola Universidade Nacional Autónoma de México e é unha recoñecida académica no mundo dos estudos da cultura maia. Entre as súas investigacións máis salientables están o realizar estudos bio arqueolóxicos ós restos da chamada Raíña Vermella de Palenque e as súas investigacións sobre as modificacións cefálicas dos antigos maias, o que a converten nunha das autoridades máis recoñecidas neste eido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Currículum Vitae de Vera Tiesler UADY". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  2. "Vera Tiesler: bioarqueología en Mesoamérica - Página del Conacyt". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2018. Consultado o 27 de setembro de 2018.