Ventris Gibson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVentris C. Gibson

Ventris C. Gibson
Directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos


Biografía
Nacemento22 de marzo de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
41ª Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
22 de xuño de 2022 –
← David J. Ryder Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense.
Educación Universidade de Maryland
Actividade
OcupaciónDirectora da US Mint.


Ventris C. Gibson é unha alta funcionaria do Goberno estadounidense, que en decembro de 2021 accedeu ao cargo de directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gibson recibiu a súa formación superior na Universidade de Maryland.[1]

Logo exerceu unha longa carreira na Mariña dos Estados Unidos e posteriormente incorporouse ao Departamento de Asuntos dos Veteranos, onde dirixiu a Oficina de Xestión de Recursos Humanos (1996-1998) e foi subsecretaria adxunta de Xestión de Recursos Humanos (1998-2003). Durante a súa xestión, Ventris Gibson participou nunha investigación sobre as denuncias de acoso sexual no Hospital de Veteranos de Fayetteville, en Arcansas.[2] Na Administración estadounidense, foi tamén xefa de recuirsos humanos da Administración Federal de Aviación (2003-2010).[3]

Entre 2012 e 2013, Gibson exerceu o seu labor como consultora na compañía North Highland, de Atlanta, Xeorxia, e máis tarde incorporouse á Xunta Nacional de Relacións Laborais, onde ocupou o posto de xefa de recursos humanos en 2013 e directora administrativa en 2014. Entre 2014 e 2015 foi subsecretaria adxunta do Departamento de Saúde e Servizos Humanos. En outubro de 2021, Gibson incorporouse á Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), primeiro como subdirectora e logo como directora en funcións, como consecuencia da renuncia ao seu posto do anterior director, David J. Ryder.[4][5] Finalmente, foi nomeada directora titular polo presidente Joe Biden en decembro de 2021,[6][7][8][9] e confirmada no cargo polo pleno do Senado dos Estados Unidos o 15 de xuño de 2022.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ventris C. Gibson". United States Mint.
  2. Sexual Harassment in the VA and H.R. 1703, Department of Veteran's Affairs Employment Discrimination Prevention Act. U.S. Government Printing Office, Washington, 1998. Páxina 13. ISBN 978-0-16-056267-9
  3. Rottenberg, L. (2016). Crazy Is a Compliment: The Power of Zigging When Ever yone Else Zags. Penguin Pub. ISBN 978-1-59184-799-1
  4. Gibbs, W. T. (2021). "Ryder resigning as U.S. Mint director Oct. 1". En Coin World. 24 de setembro .
  5. Unser, M. (2021). "Ryder Resigns as U.S. Mint Director". En Coin News. 27 de setembro.
  6. "Treasury Announces New U.S. Mint Acting Director Arquivado 13 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". En Just Real News. 24 de setembro de 2021.
  7. "President Biden Announces Key Nominees". The White House.
  8. Gilkes, P. (2022). "President Biden appoints his U.S. Mint director". En Coin World. 14 de xaneiro.
  9. Martínez Gallego, J. M. "El presidente Joe Biden nombra a Ventris C. Gibson directora de la US Mint". En Crónica Numismática.
  10. "Ventris C. Gibson Confirmed as 40th Director of the U.S. Mint". En Coins Weekly. 30 de xuño de 2022.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
David J. Ryder

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Desde 2021
Sucesor:
-